A Mesa enviaralle os parabéns ao embaixador de Xapón polo aprezo mostrado a Galiza utilizando a nosa lingua, en contraste coa actitude do Presidente Feixó

Nunha recepción da Xunta de Galiza no Pazo de Raxoi para irmandar o Camiño de Santiago co de Shikoku, o embaixador  xaponés Kazuhiko Koshikawa mostrou o seu profundo respecto e aprezo por Galiza do mellor xeito posíbel, utilizando a lingua galega. Unha actitude que non foi debidamente correspondida polo presidente da Xunta.

A Mesa pola Normalización Lingüística faralle chegar ao embaixador os parabéns pola utilización do galego e o recoñecemento ao seu esforzo por se achegar á lingua e ao pobo galego, ao tempo que lamenta que non fose o propio Presidente Feixó quen o fixese, comezando por utilizar tamén el a lingua das galegas e galegos.

Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “é unha vergoña que o recoñecemento ao idioma galego veña de fóra sen que o representante das galegas e galegos tivese a máis mínima consideración para a súa lingua e para o propio embaixador convidado”. “O respecto por Galiza manifestado polo representante de Xapón choca coa falta del de Feixó”, sinalou.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra