---

Faite soci@ #EnGalegoSempreGañas #AsóciateAoGalego

A Mesa pola Normalización Lingüística é a asociación do galego.  O noso obxectivo é promover o galego en todos os ámbitos como a lingua que nos une
 
Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto connosco a través do correo-e admon2@amesa.gal ou chamando ao teléfono 981 563 885.
Grazas.

Datos de contacto

Datos de enderezo

Datos de pagamento


De conformidade co que establece a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselles que os datos persoais que nos facilite mediante o uso dos formularios sitos na páxina web, serán incorporados a un ficheiro titularidade de A Mesa pola Normalización Lingüística, coa finalidade de xestionar a súa solicitude e enviarlle información máis detallada. Así mesmo, A Mesa pola Normalización Lingüística infórmalle da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición mediante un escrito á dirección Avenida de Lugo, 2-A, Entresollado A 15702 - Santiago de Compostela, ou por email á dirección admon@amesa.gal. Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos no foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes. De acordo co que establece a Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico no seu artigo 21, solicitamos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.





Traballamos para fomentar o galego no ensino, na empresa ou nas administracións públicas; para sensiblizar a poboación sobre a situación do galego; para denunciar as agresións e discriminacións ao galego; para garantir o uso individual e colectivo do galego…
Grazas ás socias e socios, contamos con recursos materiais e  humanos nos que destaca o traballo voluntario de moita xente. Coa vosa axuda contamos coa Liña do galego, un servizo de atención e tramitacións de queixas, consultas e parabéns, cuxa memoria anual vimos de publicar.

Mantemos o proxecto Abertos ao Galego, dirixido a empresas e comercios que manteñen o galego como lingua normal de relación coas súas clientas e usuarios, e cuxo catálogo podes consultar aquí.

Publicamos informes e estudos sobre diferentes aspectos que afectan á nosa lingua. Recentemente publicamos o Informe sobre o cumprimento do PXNLG ou o Relatorio sobre a Carta Europea, xunto co Estudo sobre o galego na educación infantil. Todos eles foron utilizados para alertar sobre a situación do galego mesmo diante de organismos internacionais como o Consello de Europa, a UNESCO ou o Consello de Dereitos Humanos da ONU.

Realizamos accións para difundir a necesidade de que o galego exista a través do seu uso. Co vídeo 10 pasos para revitalizarmos o galego, conseguimos un forte impacto nas redes sociais, mais tamén con outros como En galego, festa rachada para reivindicar as nosas festas en galego, Parabéns para ti, o primeiro vídeo de difusión dunha música para os aniversarios das nosas crianzas, ou Queremos atención en galego, queremos traballo aquí

Editamos o primeiro Abecedario feito en galego e desde o galego, ou o libro das Aves dentro dunha colección didáctica que aspira a facer unha pequena achega aos materiais didácticos en galego para a educación infantil dos que por desgraza aínda non dispoñen o 67% dos centros de infantil de Galiza.

Promovemos campañas para a galeguización de servizos básicos como todos os relacionados coa atención ao público por parte de administracións e empresas onde non só non utilizan a nosa lingua senón que non atenden quen a utiliza.

Elaboramos Somos Galego un xornal bimestral en parcería con Sermos Galiza, onde se poden seguir as principais novas relacionadas coa lingua.

Impulsamos acordos entre a maior parte das forzas políticas galegas, como a Declaración de Unidade a prol da Normalización da lingua galega coa pretensión de que sexa un punto común para pór en práctica acción reais de recuperación e reposición do noso idioma.

Podemos contar algún pequeno mais importante suceso como que Larsa anunciase a corrección do topónimo deturpado que empregaban nos seus envases, que Carrefour permitise o galego como opción para as súas cartas de Nadal, que Yoigo se comprometese a estudar a posibilidade ofrecer atención e servizo en galego, ou que a Garda Civil se disculpase por atentar contra os dereitos lingüísticos dun cidadán.

Mais na Mesa non estamos satisfeitas nin satisfeitos. Non é suficiente. Aínda sabendo das dificultades que ten realizar unha tarefa que en grande parte debería asumir a administración galega, sabemos que é preciso moito máis esforzo pola nosa parte.

Precisamos máis apoio para mellorarmos e ampliarmos todo este traballo que cómpre facer máis participativo. Por iso te animamos a que difundas as nosas accións e actividades, a que nos fagas chegar as túas suxestións e opinións, e a que animes as túas amizades a facérense socias e socios.

Para todo isto, necesitamos a túa colaboración, faite soci@.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis