Abertos ao Galego

ABERTOS AO GALEGO.- As empresas de Abertos ao Galego: Libraría Torga (Ourense)

A libraría Torga (www.torga.net), na rúa da Paz de Ourense, ten máis de 15 anos de historia. Están especializados en libro galego e portugués, mais tamén teñen a disposición do público unha ampla selección de obras sobre Ourense ou de música galega.

Torga, como moitas librarías do país, é moito máis que un lugar onde adquirir libros: o seu obxectivo é tamén o da dinamización cultural da cidade. En Torga organizan presentacións de libros, recitais poéticos, concertos…

Torga é unha referencia en todo o país para a escrita en portugués, que desde os seus comezos forma parte da política desta libraría. Desde o día que abriron, en Torga poden atoparse obras literarias e de divulgación escritas en portugués, pois un dos obxectivos de Xavier Paz, o propietario de Torga, é facilitar o acceso (e polo tanto tamén o coñecemento) en Galiza da realidade cultural e social escrita en portugués.

Abertos ao Galego estivo na libraría Torga xunto con Xavier e Anxo. Estivemos falando sobre a súa actividade como axentes e activistas culturais, mais tamén sobre o seu traballo como empresarios e sobre as posibilidades do noso proxecto.

Para Xavier Paz, o responsábel da libraría Torga, é imprescindíbel que as empresas que traballan en galego se apoien entre si, desde iniciativas pensadas partindo do sentido práctico. Concordan con que é moi positivo que poidamos pór en contacto as empresas que traballan engalego coas persoas que están desexando poder acceder a todo tipo de servizos e produtos na nosa lingua.

Para Xavier, como para tantos outros membros de Abertos ao Galego, a elección da lingua é unha cuestión natural, na que non hai espazo para a dúbida. Torga traballa integramente en galego, mais tamén traballa para conseguir máis espazos para o galego.

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis