Abertos ao Galego

Novidades de Abertos ao Galego

Damos a benvida a PROMOVE CONSULTORÍA E FORMACIÓN, esta empresa céntrase no desenvolvemento local e deseña os seus proxectos con base na cultura e na identidade de Galiza. Convidámosvos a que visitedes a súa páxina: promoveconsultoria.com 
Recibimos noticias de Xerais, OZOCOgz e Baía Edicións.
EDICIÓNS XERAIS envía información das súas novidades. Escrita doada, de Benxamín Dosil; Funambulistas, de Mercedes Leobalde; e Son noxento, de María Xosé Queizán en narrativa e manuais.
Para o público infantil-Xuvenil, na colección Merlín as obras A rula, o peluche e a nena, de Paco Martín; O corazón da maxia, de Xavier Estévez; Rubicundo, de María Canosa; e Xenaro e a negra sombra, de Mar Guerra Cid.

OZOCOGZ DESEÑO GALEGO pon a andar a 3ª edición do seu concurso de microrrelatos. O prazo para presentar os relatos é do 1 de abril ao 10 de xuño.
Nas seguintes ligazóns podedes ver máis información:
https://www.facebook.com/events/683554491767846/
http://es.calameo.com/read/0030457612f8c1ee4bac4

https://drive.google.com/file/d/0By9gvviG-LhFd3Nhcm1uTGZPQms/view?usp=sharing

BAÍA EDICIÓNS envía información das súas novidades. Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres, de Pepe Carreiro; A colección Emocións (9 títulos), de Mireia Canals; e María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero.

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis