Campaña “Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí”

Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…

A lingua galega tal e como establece a lexislación vixente  ten plena validez legal e é ademais a lingua propia de Galiza.

Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…

A atención ao/á cliente/a no seu idioma é unha das normas elementais que calquera empresa debe respectar sen agardar a que se produzan queixas nin pretender que teña que ser o/a cliente/a quen estea continuamente facendo valer un dereito tan básico. Neste sentido, unha maior sensibilidade da súa empresa polo uso galego contribuiría sen dúbida a espertar nas usuarias e usuarios unha imaxe máis positiva da empresa e un aumento da confianza.

Queremos atención en galego.
Queremos traballo aquí.

O proceso de centralización en ocasións unido á deslocalización, que está a producirse na empresa dificulta aínda máis que se poda garantir a atención ás galegas e galegos na súa lingua; ademais limita enormemente o dereito das traballadoras e traballadores a utilizaren con normalidade o galego no seu ámbito laboral, ou directamente a teren un posto de traballo no seu país.

Por esta razón demandamos unha mudanza de actitude que garanta o uso do galego como lingua preferente, salvo que o/a cliente/a indique outra cousa, en todas as comunicacións e publicidade da empresa e nos servizos de atención ao/a cliente/a en todas aquelas áreas que teñan un contacto persoal, electrónico ou telefónico co público, ou que nos casos onde se ofertan diferentes opcións, a de galego sexa sempre unha opción real.

 

179 apoios para esta campaña.

  1. Xosé Manuel Táboas Couso · 32562
    Hai 2 anos · Mestre · Moaña
  2. gonzalo blanco vazquez · 4440
    Hai 5 anos · celador complexo hospitalario · ourense
  3. Lucía Suárez Fraga · 1869
    Hai 7 anos · Santiago de Compostela
  4. Víctor Agrasar Salegui · 741
    Hai 8 anos · Estudante · Padrón
  5. Agustin Rivas Dominguez · 737
    Hai 8 anos · Pensionista · Fisterra
  6. Cándido Fernández Domínguez · 559
    Hai 8 anos · Docente · O Carballiño
  7. Adrián Piñeiro Alves · 273
    Hai 8 anos · Estudante · Tui
  8. Xosé Luís · 246
    Hai 9 anos · Ténico em eletrónica · Couso, Gondomar
  9. Suso Precedo Barbeito · 222
    Hai 9 anos · Bancario · Santiago de Compostela
  10. AGUSTIN SILVA RODRIGUEZ · 221
    Hai 9 anos · TELEOPERADOR · BAIONA
  11. Manuela María Posada Gabela · 220
    Hai 9 anos · Orientadora laboral · Lugo
  12. Maria Alvarez Martinez · 219
    Hai 9 anos · Ama de casa · Cangas
  13. Rosa Valcárcel Vázquez · 218
    Hai 9 anos · Aux. Administrativa · Santiago de Compostela
  14. JOSE MANUEL ORODEA · 217
    Hai 9 anos · mestre · burgos

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra