Campañas actuais

En galego…de principio a fin…

En Galiza, o tránsito ao alén viviuse historicamente coa peculiaridade, entre outras, de salientar a identificación entre o individuo finado e a terra, especialmente aquela á que en vida se sentiu pertencente ou coa que se identificaba. Aínda hoxe, a pesar das mudanzas socio-económicas e do modo de vida, moitas persoas seguen sentindo “a chamada da terra” que as viu nacer ou na que tiveron parte das súas vivencias, nomeadamente cando se achega o intre derradeiro.

Malia estar moi asentada esta idea no imaxinario colectivo, lamentabelmente non foi posíbel que á morte fose asociado o uso da lingua que a maioría das e dos defuntos empregaron sempre na súa vida cotiá: o galego. Unha ollada á sección necrolóxica de calquera xornal impreso no país ou unha visita a calquera cemiterio advírtenos da contundente realidade lingüística neste eido. Isto pode ter fácil explicación ollando o propio devir histórico do noso idioma: séculos de marxinación fixeron que se consolidase o uso do castelán para todo ámbito “formal”, para todo o considerado “importante”. E nada máis importante do que a morte dun ser querido. A inercia á hora de mudar calquera uso ou costume, a comezar polo lingüístico, fixeron o demais e manteñen inalterado o esquema na actualidade.

As compañeiras e compañeiros da zona de Lugo veñen de traballar con acerto nunha iniciativa para intentar estender o uso do galego no eido empresarial das funerarias, tanatorios e mesmo medios de comunicación con seccións de decesos, querendo garantir que estes negocios poidan cando menos respectar o desexo das familias –mesmo a vontade da persoa finada –tamén no que á lingua se refire. Para isto elaboraron toda unha serie de documentos, modelos de esquela (laicas e relixiosas), follas de datos terminolóxicas…traducidas para o galego, co obxectivo de llelas facilitar ás empresas e dar todas as facilidades posíbeis. Comezárono a facer polos tanatorios e funerarias da súa zona, porén é o desexo da Mesa pór ao dispor do público en xeral este inxente e desinteresado traballo para quen así quixer poder empregalo.

Soamente tes que pórte en contacto co local nacional da Mesa ou enviares un correo electrónico ao enderezo linhadogalego@amesanl.org e farémoscho chegar.

Deixar o teu apoio a esta campaña

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Apoios para: “En galego…de principio a fin…”

  1. Lucía Suárez Fraga / Santiago de Compostela / /

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis