Campañas actuais

No SERGAS reclama atención en galego. É O TEU DEREITO!

NON O DUBIDES: acudir a calquera centro médico ou hospitalario e demandar o uso do galego É UN DEREITO que a todas/os nos asiste. Se non cho garanten, RECLÁMAO!

Malia que a xestión e funcionamento das diferentes instalacións sanitarias galegas foi transferida á Xunta de Galiza –que creou o SERGAS –xa hai varios anos, un simple paseo por calquera centro de saúde ou complexo hospitalario de calquera das nosas vilas ou cidades fainos pensar que realmente a rede sanitaria pública depende de Madrid, Castela ou Andalucía: determinada sinaléctica estándar está normalizada (mais nin de lonxe toda a que hai), porén escritos e avisos do día a día dos centros aparecen unicamente en castelán; do mesmo xeito acontece coa atención ao público, telefónica e persoal, onde a lingua galega e os dereitos das persoas galegofalantes son excluídos.

O SERGAS, e todo o seu persoal sanitario, depende da Xunta e é, como tal, galego, ao servizo dunha sociedade cunha lingua de seu, o galego, que emprega maioritariamente.

Esta campaña, iniciada pola Mesa de Lugo, estase a estender a toda Galiza. Non deixes que conculquen os teus dereitos lingüísticos!

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis