O galego: garantía de emprego en Galiza. Campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas.

Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara terceiros países.

No noso caso, esta deslocalización agravouse pola exclusión do galego nas relacións comerciais: pecharon centros de traballo na Galiza e o emprego foi levado a outras partes do Estado. Só entre o ano 2010 e 2012 destruíronse no sector da teleatención en Galiza máis de 2.040 postos de traballo e 100.000 galegos e galegas foron obrigados a emigrar pola perda de emprego na nosa terra.

Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas, e ao tempo anúlasenos o dereito de sermos atendidos e entendidos na nosa lingua, que estas empresas desprezan.

Nos últimos días coñecemos outra proposta de despedimento de 205 traballadoras e traballadores na empresa Extel na Coruña, que presta servizos para Movistar. Este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.

Por todo isto, queremos:

1- manifestar o seu apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores de Extel.

2- Reclamar a Movistar que garanta en todos os casos os postos de traballo na Coruña e por tanto  a atención en galego.

3- Transmitirlle a Movistar que no caso de non atender esta demanda, utilizaremos os servizos de calquera outra compañía que garantir a atención en galego desde Galiza.

182 apoios para esta campaña.

  1. Andrés Vázquez García · 1089
    Hai 7 anos · Estudante · Chantada
  2. María Xestal Vidal · 1088
    Hai 7 anos · Poeta · A Coruña
  3. Ana Miranda · 1087
    Hai 7 anos · Portavoz BNG Europa · Bruxelas-Galiza
  4. Pedro Meilán López · 1086
    Hai 7 anos · Informatico · Pontevedra
  5. cesáreo sánchez iglesias · 1085
    Hai 7 anos · Presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega · Oleiros
  6. Eva María Núñez vazquez · 1084
    Hai 7 anos · Carniceira · Valga
  7. Mercedes Rosón Ferreiro · 1083
    Hai 7 anos · Xestora Cultural · Santiago de Compostela
  8. Susana Méndez Rodríguez · 1082
    Hai 7 anos · Secretaria Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística · Teo
  9. Mónica Pazos Martínez · 1081
    Hai 7 anos · Profesors · Foz
  10. Celia Armas García · 1080
    Hai 7 anos · Profesora · A Coruña
  11. Xosé Mª Cotelo Freire · 1079
    Hai 7 anos · Técnico de Mantemento Aeroportuario · A Laracha
  12. Sara Seco Rial · 1078
    Hai 7 anos · Xestora de proxectos e politóloga · Valga
  13. Manuel Barral Sánchez · 1077
    Hai 7 anos · Empregado público · Santiao de compostela
  14. Manuel Reyes Villar · 1076
    Hai 7 anos · Xestor cultural · A Estrada
  15. Marcos Maceira Eiras · 1075
    Hai 7 anos · Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística · Santiago

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra