Proposta de medidas urxentes para a normalización da língua galega


Recuperación e Reposición

Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

Diante do proceso electoral que terá lugar o vindeiro 25 de setembro en Galiza, a Mesa pola Normalización Lingüística fai un chamado ao conxunto da sociedade galega e a todas as organizacións sociais, sindicais e políticas para que impulsen a posta en marcha con urxencia e carácter inmediato destas 6 medidas que necesariamente se han de complementar con outras contempladas na Carta Europea das Linguas, ratificada en 2001 polo Estado Español, ou no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado en 2004 coa unanimidade do Parlamento Galego, e que debe ser reactivado como punto de partida para a recuperación e reposición efectiva da nosa lingua a todos os niveis, tal como sinalaba a Declaración Unidade a prol da Normalización da Lingua Galega asinada coa Mesa pola Normalización Lingüística por organizacións políticas tan diversas como Alternativa dos Veciños, Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galicia, Coalición Galega, Esquerda Unida, Partido Popular,  PSdG-PSOE, Podemos, Terra Galega e Partido Galeguista.


Medidas

Non son todas as medidas que o noso idioma precisa, mais si, de entre elas, as que a administración galega debe pór en funcionamento con máis urxencia. Son só 6 medidas que só precisan convecemento e vontade de aplicación por parte do goberno galego, que levándoas a termo comezaría, despois de décadas de inacción, a viraxe que a lingua galega precisa para chegar con saúde ao século XXII.

 

Proposta de medidas urxentes para a normalización da língua galega

Recuperación e Reposición Diante do proceso electoral que terá lugar o vindeiro 25 de setembro en Galiza, a Mesa pola Normalización Lingüística fai un chamado ao conxunto da sociedade galega e a todas as organizacións sociais, sindicais e políticas para que impulsen a posta en marcha con urxencia e carácter inmediato destas 6 medidas que necesariamente […]

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis