Manifesto: Queremos galego na administración local en Cee

MANIFESTO QUEREMOS GALEGO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE CEE

 

Gonzalo López Abente, sobranceiro escritor e académico muxián, traballador da banca «depurado» polos franquistas polo seu galeguismo, foi quen de reivindicar a defensa do uso da nosa lingua aínda en pleno vigor do réxime, cando o 27 de xullo do 1941 pronuncia en galego o seu discurso de entrada como membro numerario na Real Academia Galega (RAG) no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, co título A Terra e a poesía de Eduardo Pondal. Nun dos seus parágrafos sobre o uso da nosa lingua afirma:

«Non usala nesta hora adicada á sua recordanza non sería doado, mais ben sería un pecado cometido contra o Bardo e contra a terra en que se erguéu altivo e sonoroso como un pino lanzal. (…) que non caia sobre nós a sua condenación cando excrama irado:

A lingua tiveran,

por lingua de escravos;

esqueceran os patrios acentos,

suidosos e brandos,

dos propios acentos,

tiveran vergonza

Gonzalo López Abente aínda conservaba o espírito das Irmandades da Fala (1916), entidades das que axiña imos conmemorar o seu centenario, que naceran para visibilizar a nosa lingua en todas as vilas e cidades galegas, na procura de novos ámbitos de prestixio, de socialización e de uso.

A día de hoxe existen outros colectivos e persoas (dos propios acentos, / tiveran vergonza) que se encabuxan en lle poñer atrancos aos temesiños avances da nosa lingua, como é o caso de quen pretende frear unha ordenanza que pretende a normalización do galego no concello de Cee e para iso fan uso de cativos e trapalleiros argumentos sobre a suposta marxinación do castelán.

Unha ordenanza que só pretende favorecer actitudes positivas a prol da normalidade no uso da lingua galega, que os máis recentes inquéritos oficiais sinalan en constante devalo no seu uso, por mor da ausencia de medidas e de políticas de protección.

De pouco serve que todos os partidos  con representación parlamentaria asinasen unha Declaración de Unidade a prol da normalización da lingua galega, na que se insta a votar a favor do impulso mínimo á nosa lingua galega para desenvolver disposicións legais como a Lei de Normalización Lingüística, a Carta Europea das Linguas, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, ou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL), que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego.

De pouco serve se isto non vai acompañado de políticas activas, que promovan o empoderamento da lingua galega, para a converter en lingua de comunicación habitual na administración e nos servizos públicos, na educación, na sanidade, na xustiza, nos medios de comunicación, no comercio, na industria ou en calquera ámbito.

Hai que darlle a volta ao menosprezo de quen queren coutar a nosa lingua máis unha vez ao ámbito coloquial e familiar, coma acontecía no franquismo, e para iso cómpre defendermos os dereitos lingüísticos con lexislación como a proposta para a súa aprobación no concello de Cee e, despois, con medidas activas e orzamentos axeitados para facermos do galego un idioma natural na súa comunidade de falantes.

Caso contrario, han continuar os prexuízos sobre o uso da nosa lingua que están a favorecer a perda da súa transmisión interxeracional e, como consecuencia, a desgaleguización dunha parte da nosa mocidade e da sociedade no seu conxunto.

Como xa ben dicía Gonzalo López Abente, nun artigo publicado na revista Nerio (Corcubión, 1921): «A fala nai, abafada moitas veces por fillos desleigados, e esquecida as máis, por fillos inconscentes; uns e outros desexosos, ao parecer, de dar terra á vella que aínda gusta das tradicións e do arrescendor das mazáns gardadiñas nas lacenas, antre a roupa branca».

QUEREMOS GALEGO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE CEE!

Promoven este manifesto:

Miro Villar. Escritor e autor do texto do manifesto.

Xoán B. Alborés Tajes. Arquitecto.

Suso Bahamonde Trillo. Escritor

Concha Blanco. Escritora

Francisco Caamaño Domínguez. Catedrático de Dereito Constitucional UV.

Martín Caamaño Santamaría. Delegado persoal Carrefour Cee.

Manuel Calo Canosa. Técnico de Deportes

María Canosa Blanco. Enxeñeira de camiños, canais e portos.

Antonio Casais Domínguez. Actor

Joaquín Casais Louro. Presidente Comité de empresa Stolt Sea Farm

Fernando Castro Ezara. Delegado sindical Ferroatlántica

Ubaldo Cerqueiro. Editor xornal dixital Que pasa na costa (quepasanacosta.gal)

Mª Carmen Díaz Freire. Concelleira de Deportes Cee

Fátima Domínguez Louro. Expresidenta AC Pedras Miudas.

Serxio Domínguez Louro. Concelleiro BNG- Cee.

Inés Fraga. Xerenta de Cabanas de Lires.

Modesto Fraga. Escritor

José García Andrade. Presidente comité persoal laboral concello de Cee

Francisco Hermida Abelleira. Xornalista.

Serxio Iglesias. Profesor secundaria

Xosé Iglesias Lamela. Mariñeiro e escritor

María Lado Lariño. Escritora

Xosé Mª Lema Suárez. Historiador

Alexandre López Romero. Reponsábel da Mesa pola NormalizaciónLingüísitica- Costa da Morte

Ana Lestón Gallardo. Delegada persoal de Cee área sanitaria da Coruña.

José García Andrade. Presidente comité persoal laboral Concello de Cee

Braulio Montero Pampín. Presidente AC Pedras Miudas

Rafael Mouzo Lago. Mestre xubilado

Alfonso Mouzo Trillo. Delegado persoal Ferroatlántica Cee/Dumbría/Central

Alba Nogueira López. Profesora Dereito administrativo USC

Iolanda Otero Barroso. Xornalista

Beatriz Pérez Cañizo. Arquitecta

Pedro Pérez Traba. Delegado persoal Ferroatlántica Cee/Dumbría/Central

Mercedes Rodríguez Fraga. Técnica Normalización Cee

Viki Rivadulla. Pintora

Henrique Rivadulla Corcón. Escritor.

Xavier Santos Canosa. Secretario Unión Local CIG- Cee

Francisco Souto. Escritor

Artur Trillo Sendón. Actor e dramaturgo.

Miguel Vázquez Freire. Filósofo

José Vieites Ferreiro. Secretario comité persoal laboral concello de Cee

Manuel Vilar Álvarez. Historiador

Rafa Villar. Escritor.

 

 

295 apoios para esta campaña.

  1. Maria Lado · 28899
    Hai 2 anos · Escritora · Cee
  2. Xerman Lustres · 5237
    Hai 5 anos · Xubilado · Ferrol
  3. Gema Lara · 3819
    Hai 5 anos · Cornellà de Llobregat
  4. Víctor Ézara Trillo · 3818
    Hai 5 anos · A Ameixenda
  5. María Asunción Fernández Lorenzo · 3817
    Hai 5 anos · A Guarda
  6. Pablo Xosé Ans · 1997
    Hai 7 anos · Aparellador · A Coruña
  7. Lucía Suárez Fraga · 1868
    Hai 7 anos · Santiago de Compostela
  8. Andrés Vázquez García · 800
    Hai 8 anos · Estudante · Chantada
  9. Juan Félix Neira Pérez · 628
    Hai 8 anos · Ponteceso
  10. Esther Gonzalez de Paz · 616
    Hai 8 anos · promocion · CEE

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra