Noticias da Mesa

A Mesa levou a situación do galego ante a ONU

ELEN e Queremos Galego na ONU

ELEN, A Rede Europea para a Igualdade das Linguas, da que forma parte a Mesa, presentou un informe que será tido en conta na 21º Revisión Periódica Universal (UPR) das Nacións Unidas no que denuncia os casos de discriminación e ataques contra falantes de linguas diferentes do español no Estado.

Marcos Maceira: “O galego ten dereitos xurídicos recoñecidos mais na práctica non se poden exercer en plenitude”.

Tras a presentación do informe a delegación de ELEN fixo un chamado á participación na mobilización en favor da lingua convocada por Queremos Galego para o 8 de febreiro.

Arquivos anexos a descargar:

Xenebra, 21 de xaneiro de 2015. Esta mañá A Mesa pola Normalización Lingüística asistiu á sede da ONU en Xenebra para participar no exame ao Estado español que a comisión de dereitos humanos da ONU realizou no marco do 21 Exame Periódico Universal de dereitos humanos (Universal Periodic Review of human rights in the Spanish state), no que se avalía o respecto aos dereitos humanos en materias como racismo, inmigración, tourutas ou cultura e educación. (Pódese ampliar información nas webs oficiais do organismo: http://www.ohchr.org/EN/HRBodies/UPR/Pages/ESSession21.aspxhttps://uprdoc.ohchr.org/uprweb/downloadfile.aspx?filename=1316&file=EnglishTranslation).

A Mesa pola Normalización lingüística, a través do seu presidente Marcos Maceira, fixo parte dunha delegación de representantes de ELEN (European Language Equality Network) que acudiu a esta sesión nas Nacións Unidas para expor o seu informe sobre a discriminación de falantes de linguas diferentes ao español no Estado, que será tido en conta para a elaboración do informe sobre a situación dos dereitos humanos no Estado español elaborado no marco desta 21º Revisión Periódica Universal.

Alén da Mesa pola Normalización Lingüística, a delegación de ELEN estivo composta por Ferran Suay (Acció Cultural del País Valencià ­ ACPV), Rosa de les Neus Marco (Plataforma per la Llengua, Cataluña), Francesc Felipe, Jaume Fullana e Natxo Badenas (Escola Valenciana).

A sesión comezou ás 9.00 coa comparecencia do Secretario de estado de relacións exteriores para dar conta do informe presentado polo Estado e responder ás cuestións da comisión.

Tras esta comparencencia do Secretario de Estado de asuntos exteriores, ás 12.30 a delegación de ELEN participou nun acto ante a prensa internacional na sala XXIII da ONU para expor o informe presentado e detallar os casos de discriminación lingüítica recollidos (O informe pódese descargar desde esta ligazón: http://www.amesanl.org/gl/mediateca/dir/mediateca/ONU).

A delegación de ELEN foi moi crítica co silencio do Secretario de Estado a repecto das denuncias de discriminación lingüística, obviadas na súa comparecencia, e destacaron a necesidade de que a vulneración de dereitos lingüísticos se inclúa nos informes oficiais do Estado, que non facía ningunha alusión a esta cuestión no seu relatorio.

Na súa intervención, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, destacou que o galego “ten dereitos xurídicos recoñecidos mais na práctica non se poden exercer en plenitude” e detallou casos de represión lingüística sobre galegofalantes como retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas predoutorais por presentar o certificado de estudos universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o noso idioma. Maceira tamén sinalou que “mesmo existen atestados policiais en Galiza onde se fai referencia ao ‘acento gallego”, o que é “un exemplo máis de discriminación”.

No referido ao dereito á educación, o presidente da Mesa destacou os retrocesos a respecto da oficilidade do galego que está a impulsar o actual goberno da Xunta, como o Decretazo contra o galego que por primeira vez limita o uso do galego no ensino e que calificou como “tremendamente lesivo” para a saúde da lingua galega.

Finalmente, Maceira informou a prensa internacional da masiva manifestación en defensa do galego que percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro 8 de febreiro, convocada por Queremos Galego.

Na comparecencia de ELEN tamén participaron por Ferran Suay (Acció Cultural del País Valencià ­ ACPV), Rosa de les Neus Marco (Plataforma per la Llengua, Cataluña), Francesc Felipe, Jaume Fullana e Natxo Badenas (Escola Valenciana), que detallaron numerosos casos de discriminación lingüística nos seus territorios, polo que o informe de ELEN  conclúe que “a discriminación contra as linguas propias diferentes do español é sistémica desde o propio Estado, e que esta discriminación está instotucionalizada”.

A Rede Europea pola Igualdade Lingüística (ELEN) constituiuse no 2011 para traballar na protección e promoción das nacións sen estado de Europa e as linguas minorizadas. Até agora ELEN representa 44 linguas en 21 Estados europeos.

Tras a exposición do seu relatorio a delegación de ELEN fixo un chamado á participación na mobilización en favor da lingua convocada por Queremos Galego para o 8 de febreiro.

Arquivos anexos a descargar:

entroido QG Ourense 3
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Encontro con Mario Outeiro
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
CIMG3464
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis