Mocidade

Que é a Mocidade pola Normalización Lingüística?

Mocidade pola Normalización Lingüística é a sección xuvenil da MESA. Pretende a auto-organización da xuventude con consciencia lingüística, traballando co obxectivo de converter o galego en lingua de prestixio para as novas xeracións da Galiza.

A xente nova debe demandar das Administracións Públicas unha política de fomento e promoción da nosa lingua, para que esta poida progresar socialmente. Non podemos continuar permitindo que os nosos dereitos lingüísticos sexan vulnerados.

Que fai a Mocidade pola Normalización Lingüística?

Desenvolvemos accións para incorporar o galego a diversos ámbitos. Así, coordinamos unha plural Plataforma do Alunado pola Galeguización do Ensino Médio, esiximos da Xunta de Galiza unha política específica de normalización lingüística para as xeracións máis novas, demandamos o fomento de cinema na nosa língua, reclamamos os dereitos lingüísticos do alunado na universidade, etc.

Como podes colaborar con Mocidade pola Normalización Lingüística?

Do mesmo xeito que A MESA, a Mocidade pola Normalización Lingüística ten como marco de traballo as asembleas territoriais e os grupos de traballo.

Se te animas a colaborar non tes máis que porte en contacto connosco a través do enderezo ou dos telefones que aparecen mais abaixo. Necesitamos máis asociadas e asociados para ampliar a repercusión social das nosas iniciativas. A cuota anual mínima é de 15 euros. Se ti tamén queres gozar coa nosa língua, xa sabes: Chámanos!!

Mocidade

Masivo seguimento da folga estudantil convocada hoxe no ensino medio para exixirlle a Feijóo que cese “nos seus ataques contra o galego”

As organizacións convocantes destacan o paro como un “xesto de responsabilidade e compromiso” do alumnado co futuro do galego e pídenlle a Feijóo que “escoite a contudente mensaxe” enviada hoxe “en forma de ducias de aulas baleiras” Sara Seco, responsábel nacional das Mocidades da Mesa: “A pesar de que a TVG nos censure e a […]

Ler máis

Últimas noticias

Noticias da Mesa

A valedora négase a continuar investigando as represalias a unha alumna de primaria por utilizar a forma correcta Galiza

Segundo a valedora a forma Galiza só se admite fóra da denominación oficial Marcos Maceira: “Que a valedora dea por bo  exixir o cumprimento de dubidosos formalismos legais a unha alumna de 9 anos é mostra da falta de respecto pola institución que representa” A Mesa pregúntase se “quen desde os prexuízos ideolóxicos inutiliza continuamente […]

Ler máis
Noticias

Alba de Gloria 2017 no Pico Sacro

A Federación Galiza Cultura comezou a realizar este acto no 2011 no que se conmemorou o 125 aniversario de Castelao coa total ausencia e mesmo hostilidade das institucións políticas e culturais da Galiza e no marco dunha ofensiva contra a nosa lingua e cultura como non se sofrera desde había décadas.

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis