Se queres recibir máis información sobre o paro ou sobre como o podes organizar no teu instituto envíanos un correo a mocidade@amesanl.org
Axúdanos tamén a difundir a folga a través das redes sociais, partillando entre os teus contactos os eventos do tuenti e do facebook, así como o hashtag #19Aestudantespologalego no twitter
A Mesa e a súa sección xuvenil, a Mocidade pola Normalización Lingüística, xunto coas organizacións estudantís Comités. Liga Estudantil Galega e Sindicato de Estudantes, comezamos xa a facer chegar materiais informativos para a folga estudantil do ensino medio da vindeira quinta feira (xoves) 19 de abril a todos os centros de ensino medio de Galiza (IES, CIFP e CPI). Tanto se eses materiais aínda non chegaron á xunta de delegadas/os do teu instituto como se queres contribuír a darlle máis forza á convocatoria, pomos ao teu dispor o material editado en distintos formatos. Só o tes que descargar, imprimir e difundir.
Tamén che queremos recordar que podes axudarnos a difundir a convocatoria de folga a través das diferentes redes sociais: partilla coas túas amizades os eventos creados en tuenti e en facebook e axúdanos a espallar en twitter o hashtag #19Aestudantespologalego.
Paremos os ataques contra o galego!