Alba De Gloria 2016 no Pico Sacro

Neste ano 2016 voltarase dar lectura ao Alba de Gloria no Pico Sacro. Desta volta contando coa presenza do poeta Miro Villar, quen ademais dun poeta consagrado das nosas letras é un estudoso da presenza do Pico Sacro na nosa literatura

A federación GALIZA CULTURA, a través das Asociacións Vagalumes da Estrada e O Galo de Santiago de Compostela, vén celebrando este acto de irmandade entre natureza e cultura desde que no 2011 se conmemorou o 125 aniversario de Castelao. Esta conmemoración que non obtivo o debido recoñecemento da Xunta de Galiza e o desleixo oficial que se constataba ao respecto da nosa cultura e patrimonio levaron as asociacións que compoñen GZCultura a avaliar a necesidade que desde as entidades populares e de base se exerza as funcións de posta en valor e divulgación da nosa cultura e para iso acordamos celebrar este evento lúdico e reivindicativo todos os anos.

O acto consiste na lectura pública do Alba de Gloria desde o cumio do Pico Sacro, espazo simbólico no que a terra se fai espírito e penedo granítico que o noso pobo recubriu de significados.

Nel rememórase á xeración do Seminario de Estudos Galegos que reparou, visitou e estudou, este lugar emblemático, amosando unha actitude de interese e respecto polo propio que contrasta cos valores que agora se están a transmitir de fascinación provinciana polo alleo.

Seguindo a estela de Castelao quen acudiu en peregrinación até o Pico Sacro no 1925, cando unha ditadura impedía celebrar a festa nacional, e volveu imaxinariamente sobre el, desde o exilio, ao construír unha das súas pezas ensaísticas e literarias máis profunda, o “Alba de gloria”, discurso de celebración do día da Patria Galega. Para Castelao era un lugar no que a resistencia do terreo a ser estepa, inspiraba a quen acreditaba en que o noso ser diferencial non ía ser borrado pola enxurrada reaccionaria. Por iso as asociacións culturais galegas voltan sobre os seus pasos físicos e intelectuais e homenaxean este creador comprometido co seu pobo. Retomar unha tradición que apesares das circunstancias adversas porfía en alumear un futuro mellor, unha Alba De Gloria para Galiza.

Neste ano 2016 voltarase dar lectura ao Alba de Gloria no Pico Sacro. Desta volta contando coa presenza do poeta Miro Villar, quen ademais dun poeta consagrado das nosas letras é un estudoso da presenza do Pico Sacro na nosa literatura.

PROGRAMA PARA O 23. 07. 2016

Pódese asistir a todas ou só a algunha/s das actividades

12.00h. Benvida na chaira da capela do Pico Sacro a cargo do escritor Miro Villar e a continuación subida do último treito deste monte.

13:00h.: Izado da bandeira polas Asoc. Cult. Vagalumes de A Estrada e O Galo de Santiago. De seguido lectura de Alba Gloria de Castelao por parte de representantes das A.C. O Galo, Vagalumes, Papaventos, S. Campio e Raiceiros de Vedra. Canto do himno Galego e baixada.

14:00h.: No adro da capela do Pico Sagro actuarán os cantautores Mini e Mero, o gaiteiro Raúl Galego e músicos da comarca da Ulla.

15:00h.: Xantar en “Casa Mosqueiro”, S. Mamede de Rivadulla.

ROTEIRO GUIADO

por Iolanda Aldrei da asoc. A Granxa do Pico Sacro:

* 16:45h.: Saída de “Casa Mosqueiro” para a capela de Santiaguiño. Nela falarase do Camiño de Santiago da Ruta da Prata .

* Igrexa de S. Pedro de Vilanova. Ademais do aspecto artístico, tratarase do poder da igrexa e da pequena nobreza rural.

* Area do Muíños . Incidirase na vella economía agraria e na cultura popular

* Mirador de Guindian. Veremos as tres pontes e o súa integración ou impacto na paisaxe

* Igrexa de Vedra e palco da música. Tamén se explicará a labor de López Ferreiro que foi o seu párroco antes de ser cóengo na catedral compostelán

* Remataremos nun Furancho situado pertísimo da área recreativa de Ximonde. Poremos tomar viño da Ulla, que actualmente goza de merecido nome e boa relación calidade/prezo.

Anotarse para o xantar aquí: http://www.acogalo.net/2016/07/16/alba-de-gloria-2016-no-pico-sacro/

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra