Noticias

Alba de Gloria 2017 no Pico Sacro

A Federación Galiza Cultura comezou a realizar este acto no 2011 no que se conmemorou o 125 aniversario de Castelao coa total ausencia e mesmo hostilidade das institucións políticas e culturais da Galiza e no marco dunha ofensiva contra a nosa lingua e cultura como non se sofrera desde había décadas.
Castelao tamén acudiu ao Pico Sacro no 1924 logo do golpe militar de Primo de Rivera no que quedaban proscritas a nosa lingua e cultura e paralizado o rexurdimento iniciado polas Irmandades da Fala. Naquela viaxe Castelao reafirmou a súa identificación cun espazo físico que foi soporte do espírito do noso pobo, un lugar sobre o que se ergueu unha identidade perseguida e negada. Por iso no exilio volveu a a este sitio cando escribiu o Alba de Gloria. E por iso nós volvemos  sobre os seus pasos lendo o este discurso para conmemorar o día da Patria Galega, o Alba de Gloria, que leremos máis un ano, o sábado antes do 25 de xullo, no cumio do Pico Sacro.

Programa

  • 12.00h. Chegada ao Pico e concentración na fonte roubada do Pico Sacro
  • 12:30 Benvida na chaira da capela do Pico Sacro a cargo da escritora Marica Campo e a continuación subida do último treito deste monte.
  • 12:45h.: Izado da bandeira. Lectura de Alba Gloria de Castelao por representantes das A.C. O Galo de Santiago, Papaventos de Vedra, O Castro de Vigo e Vagalumes da Estrada. Canto do himno galego e baixada.
  • 14:00h.: No adro da capela do Pico Sacro actuará o grupo de pandeiretas Raiola da A.C. Manuel Gacio de Lestedo, que este ano obtiveron o Premio Xacarandaina.
  • 15:15h.: Xantar en “Casa Mosqueiro”, S. Mamede de Ribadulla.
    • Escoller menú e anotarse aquí antes do 20 de xullo

Roteiro

17:30h. Saída de “Casa Mosqueiro”
Coto de Pesca de Ximonde
Area de Agro Novo
Casa-Museo da Pesca no rio Ulla
Dous edificios construídos a comezos do S.XX grazas a financiamento das sociedades dos emigrantes en Arxentina.
Fervenza do rio Pereiro

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis