Noticias Noticias da Mesa

A Mesa consegue o apoio da ELEN para a ILP Sentido Común

A ILP para garantir os dereitos lingüísiticos no ámbito económico acada apoio internacional

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O presidente da Mesa e vicepresidente de ELEN Marcos Maceira, atópase en Valencia na xuntanza anual da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), que se celebra esta fin de semana no centro Octubre de Valencia.

A asemblea xeral que organiza a ELEN, ten dous obxectivos principais; o primeiro, debater sobre os dereitos lingüísticos e os tipos de normas legais que existen neste eido, e o segundo, conmemorar o 25 aniversario da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias.

Na xuntanza danse cita até 45 idiomas rexionais ou minoritarios de toda Europa. A lingua galega está presente grazas á participación da Mesa pola Normalización Lingüística.

O presidente da Mesa e vicepresidente de ELEN Marcos Maceira, fixo unha intervención ante os representantes das 150 entidades e 23 Estados europeos que participan na reunión. Ante estas persoas Maceira expuxo o traballo que desenvolve a asociación en defensa e promoción do galego. Neste sentido, presentoulle o resultado da iniciativa lexislativa popular (ILP) que a Mesa levou adiante para garantir os dereitos lingüísiticos no ámbito socioeconómico, e que contou con amplo apoio social -28.000 sinaturas e ducias de empresarios e empresarias-.

Pola súa banda, o presidente de ELEN Ferran Suay, avanzou o apoio da Rede á proposta lexislativa da Mesa pola Normalización Lingüísitica por ser “unha medida positiva para mellorar os dereitos lingüísiticos e unha aplicación adaptada á realiade galega do protocolo de Donostia” argumentou Suay.

Finalmente, Maceira expresou a súa satisfacción por acadar apoio internacional cara á ILP promovida pola Mesa e declarou: “hoxe non só conseguimos o apoio da ELEN e dos seus membros, senón que se demostra a importancia, relevancia e necesidade de que esta proposta se aprobe para mellorar e protexer os dereitos lingüísticos en Galiza”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis