24 de febreiro: agasalla un libro en galego e unha flor

A Mesa súmase á proposta de festexar o 24 de febreiro como o Día de Rosalía.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida a que, desde este ano, festexemos o día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, o aniversario do seu nacemento.

A Mesa pola Normalización Lingüística apoia a iniciativa, que se concreta en dúas grandes propostas. Primeiro, no ámbito persoal, en agasallarmos un libro en galego e unha flor. Ademais, vanse realizar tamén actos públicos de lectura da obra de Rosalía de Castro; a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.

Estes son os actos confirmados até o momento:

Santiago de Compostela, 18:00 h. Panteón de Galegos Ilustres (PDF, JPG).

A Coruña, 18:30 h. Kiosko Alfonso (PDF, JPG).

Lugo, 10:30 h. Salón de actos do IES Lucus Augusti  (PDF, JPG).

Ourense, 19:00 h. Liceo de Ourense (PDF, JPG).

Ferrol, 19:00 h. Galería Sargadelos (PDF, JPG). Ademais, até o día 24 de febreiro, agasará cun libro e unha flor os clientes que merquen libros.

Vigo, 19:30 h. Museo de Arte Contemporánea (MARCO)  (PDF, JPG).

A Rúa, 18:30 h. Biblioteca Pública Municipal, Casa da Cultura (PDF, JPG).

Pontevedra, 18:00 h. Casa das Campás (PDF, JPG).

Monforte, 21:00 h. Centro de Interpretación do Viño de Monforte de Lemos.

Sabarís, Baiona, todo o día No Mercado da Tía Ni agasallarase a todos os seus clientes e todas as súas clientas cun libro en galego.

Allariz Libraría Aira das Letras. O 24, 25 e 26 de febreiro, darase como presente unha flor por cada libro comprado.

Outes. Cada persoa que visite a Casa da Cultura de Outes, será agasallada cun libro en galego e unha flor.

Oleiros. Bibliotecas Municipais. Xunto ás exposicións bibliográficas de obras de e sobre Rosalía, repartiranse marcapáxinas con poemas seus, e as persoas que leven algún fondo bibliográfico en préstamo serán agasalladas cun libro en galego.

Muxía. O Concello de Muxía agasalla aos centros educativos do muunicipio cunha rosa e o libro Átonos, de Rosalía Fernández Rial.

O Carballiño. 18:00 h. Diante do Casino do Carballiño, entidade que organiza o acto. Tras a lectura do texto sobre Rosalía sortearase un libro entre os/as participantes. Lerá o manifesto Eladino Cabanelas, responsábel da Mesa na zona.

Máis información na páxina da AELG.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra