A CORUÑA.- O grupo local da Mesa insta a Concellaría de Emprego a utilizar o galego nas súas campañas e iniciativas para a dinamización do comercio local

A asociación cidadá advirte de que polo momento “nin unha soa” das campañas promocionais ou iniciativas impulsadas desde o departamento de María Luísa Cid “tivo en conta” o galego

A Mesa denuncia que os materiais promocionais do Entroido que se están a repartir no comercio e nos locais de hostalaría exclúen a denominación oficial de “Concello da Coruña”

O grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística da Coruña vén de solicitar á Concellaría de Emprego, Empresa e Comercio información sobre se ten previsto  facer algún uso do galego nos vinilos decorativos que se colocarán en locais comerciais baleiros e aluguer de diferentes rúas e zonas da cidade a proposta das asociacións de comerciantes.

 

O motivo de tal solicitude é que, tal e como A Mesa comprobar nas diferentes imaxes reproducidas até o momento do que serán os elementos decorativos que fan parte desta iniciativa, nin un só dos lemas ou das mensaxes informativas contidas nos vinilos aparece en galego.

 

A Mesa da Coruña amósase “moi preocupada” coa constante perda de presenza da lingua galega nos espazos públicos e nas iniciativas municipais desde que Carlos Negreira é alcalde da cidade. Así, no caso concreto da área de concellarías que dirixe María Luísa Cid, a asociación cidadá en defensa do galego advirte que polo de agora “nin unha soa das iniciativas ou propostas desenvolvidas” tivo en conta a lingua propia de Galiza e da súa Administración local.

 

A entidade cívica pon como exemplos desta “desconsideración” cara ao galego e cara aos dereitos lingüísticos da cidadanía que a lingua propia do país “brille pola súa ausencia” na campaña recentemente desenvolvida para impulsar as compras na rede de mercados municipais ou que se chegue ao “extremo” de “excluír” a denominación oficial de “Concello da Coruña” dos materiais que a Concellaría está a distribuír estes días no comercio e na hostalaría con motivo das festas do Entroido, tal e como se pode constatar nos arquivos descargábeis desde a propia páxina web municipal.

 

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra