Bergantiños Noticias da Mesa

A Mesa de Bergantiños cualifica de “esperpéntica e ridícula” a decisión do alcalde de Coristanco de non usar o galego nas felicitacións do Nadal

Xosé Cotelo pediulle ao alcalde “que non desprece a lingua dos seus veciños” e lembroulle que “o galego serve para todo, e para felicitar o Nadal tamén”

Bergantiños, 29 de decembro de 2013.- A sección comarcal da Mesa en Bergantiños cualificou como “esperpéntica e ridícula” a actitude do alcalde de Coristanco de mudar de lingua para se dirixir á veciñanza do concello a través dun anuncio de prensa con motivo das festas do Nadal.

A Mesa de Bergantiños advertiulle ao alcalde de Coristanco que está a incumprir a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, que estabelece no seu artigo 7, que “todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega”.

O responsábel da Mesa en Bergantiños, Xosé Cotelo, mostrouse sorprendido pola actitude do alcalde de Coristanco de mudar de lingua para se dirixir á súa propia veciñanza pois “o galego é a lingua usada pola inmensa maioría da veciñanza do concello no seu día a día”.

“O alcalde debe cumprir a lexislación en materia lingüística e deixar as antroidadas para o mes de marzo” dixo Cotelo, ao tempo que lle pediu ao alcalde “que non desprece a lingua propia de Galiza” lembrándolle que “a lingua galega serve para todo, e para felicitar o Nadal tamén”.

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis