Abertos ao Galego Noticias da Mesa

A Mesa e Irmandade TV asinan un acordo para promocionar as empresas que empeguen o galego

O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o Director de Irmandade TV, Aurélio Lopez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a promoción e e divulgación da actividade das empresas que empreguen o galego, nomeadamente aquelas que participan no proxecto Abertos ao Galego, xestionado pola Mesa pola Normalización Lingüística.

IRMANDADE TV ten como obxecto principal a comunicación xornalística a través da Televisión, mantendo un compromiso firme e efectivo coa defensa e normalización da lingua galega.

A canle que dirixe Aurélio Lopes incluirá na programación diaria un programa de informativos, un debate sobre asuntos de actualidade, outro de deportes e un magazine no que achegar información cultural e musical.

Axiña poderá sintonizarse a través de Nós TV na rede, por R e na TDT en aberto nas comarcas de Compostela, A Coruña, Deza e Tabeirós.

O convenio asiando hoxe procura unha maior difusión e visibilidade das empresas e entidades que forman parte de Abertos ao Galego, así como das creacións, dos servizos e dos produtos en galego, IRMANDADE TV e A MESA

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis