A Mesa pola Normalización Lingüística

ABERTOS AO GALEGO.- Presentación en Santiago de Compostela o 26 de outubro

Abertos ao Galego organiza un acto de presentación do proxecto o próximo mércores (cuarta feira) 26 de outubro ás 20.30 horas no Restaurante O Dezaseis

Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística que ten o obxectivo de dinamizar e promover a presenza do galego no ámbito empresarial. 

Na presentación van intervir:

– Laura Insausti, de Ela Diz (tenda de Santiago de Compostela);
– Carlos Cota, da libraría Aira das Letras de Allariz,
– Julio Peinó, de 1D2 Arquitectos (da Coruña)
– Iria Taibo, secretaria xeral da Mesa responsábel de Abertos ao Galego,
– Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (entidade promotora de Abertos ao Galego)

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra