Noticias da Mesa

A ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos presentarase na Asemblea Xeral da Mesa

No acto de clausura presentarase a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O vindeiro sábado 18 de febreiro ás 10.00, en primeira convocatoria, e ás 10.30, en segunda, no salón de actos do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, terá lugar a Asemblea Xeral que organiza A Mesa pola Normalización Lingüística para todas as socias e socios.

No mesmo lugar, á 13.00, presentarase a Iniciativa Lexistativa Popular (ILP). Coa presentación desta iniciativa lexislativa popular preténdese dar contido legal e formal ao dereito xa recoñecido dos galegos e galegas a usaren a lingua propia de Galiza nas relacións que manteñen coas empresas como clientes e clientas, consumidores e consumidoras, e usuarios e usuarias, e para garantir materialmente, na práctica, o exercicio pleno dese dereito recibindo na mesma lingua todo tipo de información for na sinalización ou na atención oral e escrita.

Reclamamos igual trato e iguais dereitos, concretamente que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego, nun ámbito tan básico como o socioeconómico.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis