A Mesa pola Normalización Lingüística

Distribución previa en Santiago do material da manifestación do Día das Letras

Combinamos o 15 de maio ás 17 h no local nacional da Mesa (Avda. de Lugo 2A – entresollado A, a carón da estación do tren).

Dentro das actividades previas á manifestación, este 15 de maio realizarase en Compostela unha distribución de materiais da manifestación convocada por Queremos Galego, que impulsou e coordina A Mesa.

Por se puideses botar unha man, achégate ás 17 h ao local da Mesa en Santiago, desde onde sairemos un grupo de xente para distribuír folletos e colar cartaces.

Pola lingua que nos une!

Paremos os ataques contra o galego!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra