Noticias Noticias da Mesa

EMVSA négalle a un cidadán da Coruña a atención en galego

A Mesa solicita a implicación do goberno municipal para evitar novas discriminacións

  • (18 kB)
  • (34 kB)
  • (18 kB)
  • (34 kB)

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa rexistra unha queixa contra a Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) que xestiona os procedementos administrativos sancionadores de infraccións de tráfico do Concello da Coruña. O motivo da queixa é a negativa da empresa a facilitarlle a atención e documentación dun expediente a un cidadán que llo solicitou expresamente.

Este servizo público, aínda que se preste en forma de concesión, está suxeito á Lei 5/1997 da administración local. No seu artigo 7.1 afírmase que “o galego, como lingua propia de Galiza, é o tamén da súa Administración local. […] todo os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega”.

Así mesmo, a Lei 3/1983 do 15 de xuño, de normalización lingüística,  indica no seu artigo 4.1 que o galego é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma e da súa administración; e o artigo 6.3 do devandito texto legal insta os poderes públicos de Galiza a promoveren o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns.

Desde a Mesa instamos a que o goberno municipal cumpra coas súas obrigas legais e vixíe as empresas concesionarias de servizos públicos para que acaten estas normas. Para o presidente da entidade en defensa e promoción do galego, Marcos Maceira, deberíase sancionar as empresas que vulneren a lexislación e discriminen veciñas e veciños que desexan ser atendidos en galego.

Maceira conclúe: “a Mesa solicitará unha xuntanza coa xerencia de EMVSA para aclararlle as obrigas legais ás que está sometida e preguntar os motivos que ocasionaron esta discriminación contra unha persoa polo simple feito de falar galego”.

  • (18 kB)
  • (34 kB)
  • (18 kB)
  • (34 kB)

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis