Entrega de pregos da ILP Sentido Común na Eira da Xoana

Adega faralle entrega de 500 sinaturas en apoio á ILP Sentido Común, para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, á Mesa pola Normalización Lingüística

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) celebra a súa XI Feira na Eira, unha celebración que terá lugar o domingo 25 de xuño na Eira da Xoana cunha variada programación.

No marco desta celebración Adega entregaralle á Mesa unhas 500 sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular Sentido Común que promove a Mesa para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Para facer esta recollida estará presente o presidente da Mesa, Marcos Maceira que terá unha pequena intervención para o público asistente ás 12:00h.

A ILP pretende facer efectivo o dereito básico a empregarmos o galego sempre e con normalidade, xa que a día de hoxe non está garantido o seu uso ao non existir a máis mínima opción no noso idioma por parte de empresas e servizos.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra