Noticias da Mesa

Medio centenar de persoas acudiron hoxe á mobilización para defender o dereito a restituír o apelido

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, declarou que “todo o mundo ten dereito a chamarse polo seu propio nome na súa propia lingua”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Despois de que   unha estudante solicitara no Rexistro Civil de Corcubión a restitución á forma correcta en galego do seu segundo apelido “Rey” co fin de que constase coa forma “Rei”, a resposta foi negativa. O principal argumento deste rexeitamento foi que non se trataba dunha adecuación ortográfica para adecualo á lingua gramática galega senón dun cambio de apelido pois, consideran, que “Rey” pertence “ao acervo nacional” e non é o mesmo que “Rei”.

Para mostrar o seu apoio, A Mesa convocou unha mobilización diante do xulgado de Corcubión, sede do Rexistro Civil da comarca, polo dereito a galeguizar os nomes e apelidos á que asistiron medio centenar de persoas.

Entregáronse no Rexistro as alegacións para que se permita a restitución do apelido “Rey” e, ademais, presentáronse diferentes documentos, entre eles, un ditame da Real Academia Galega que certifica que “Rei” é un apelido galego e escribilo con “y” é unha forma de deturpar o apelido e incorrecta ortograficamente.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, declarou que “todo o mundo ten dereito a chamarse polo seu propio nome na súa propia lingua tal e como di o Convenio-marco para a protección das Minorías Nacionais e como recoñece a lexislación española vixente”. Maceira engade que “todos temos dereito a corrixir as formas deturpadas dos seus apelidos, incluso Raxoi e Feixoo que, aínda que non fagan uso dese dereito, non poden impedir que os demais o fagan”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis