Noticias da Mesa

A Mesa e a CIG-Ensino “decepcionados” tras a xuntanza co Conselleiro de Educación

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, consideran que as medidas que vai tomar supoñen un novo ataque ao galego no ensino.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, reuníronse onte co conselleiro de Educación, Román Rodríguez e co Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, con obxecto de derrogar o decreto de plurilingüísmo que, como consecuencia da aplicación da LOMCE, acrecentou a marxinación e a exclusión do galego no ensino, e de iniciar o proceso dunha nova norma que facilite a plena normalización lingüística do galego no ensino.

Esta reunión foi conseguida pola CIG-Ensino e A Mesa tras protagonizaren un peche nas dependencias de política lingüísitica e é a primeira reunión que produce en sete anos para falar da situación da lingua galega na educación entre o Conselleiro, a primeira central sindical do ensino e a principal entidades social de defensa do galego.

Os representantes da Mesa e a CIG-Ensino, cualificaron a xuntanza como “decepcionante” e sinalaron que por parte da Consellaría de Educación “non amosaron vontade algunha de cambiar”.  Anxo Louzao e Maceira sinalaron que desde a Xunta, como moito, ían a enviar unha circular aos centros, unha medida que tanto A Mesa como a CIG-Ensino consideran totalmente insuficiente.

Ambas entidades acudían a esta cita coa intención de expoñer ante o conselleiro a situación de “exclusión” e “eliminación” que o galego sofre no ensino. As modificacións introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO, consecuencia da aplicación da LOMCE, supoñen unha “nova e acrecentada” discriminación do galego respecto á contemplada no decreto 79/2010. Este decreto estabelecía as materias que se debían impartir en lingua galega e en lingua castelá na ESO, cun total, nos catro cursos, de 25 horas en lingua española e 24 horas en lingua galega. Porén, agora o alumnado de ESO terá 31 horas en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis