A Mesa mostra o seu loito polo falecemento de Carlos Mosteiro

 

A Mesa pola Normalización Lingüística mostra o seu loito polo falecemento  do escritor, mestre e activista lingüístico, Carlos Mosteiro.

Carlos foi un dos voceiros da Plataforma Queremos Galego na comarca da Barbanza, a súa vida estivo estreitamente ligada á promoción e reivindicación do galego.

Trasladamos o noso profundo pesar a familiares e amizades.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra