Noticias da Mesa

A Mesa participa na reunión da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN)

A Mesa pola Normalización Lingüística ten como representantes a súa vicepresidenta, Elsa Quintas, e ao seu coordinador de zonas, Paulo Filgueiras, na reunión da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) que tenlugar en Valencia. ELEN é a organización europea de referencia na defensa das linguas minorizadas. Dentro da organización, a Mesa ten unha vicepresidencia  que lle corresponde ao actual presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.

Hoxe, venres día 9 de xuño,  ás 12:00 h. houbo un encontro co presidente do Parlamento de Valencia, Enric Morera.

A reunión faise unha vez ao ano e nela concretaranse as acción a realizar no próximo ano nas diferentes organización internacionais como o son a Unión Europea ou a Organización das Nacións Unidas. Os encontros serán acollidos polo membro da Acció Cultural del País Valencià (ACPV)  e presidente de ELEN, Ferran Suay.

A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) ten como obxectivo a busca de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas,  traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional. Representa a 42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte, ademáis, da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU.

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis