A Mesa pola Normalización Lingüística apoia a folga do 9 de marzo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo.

A aplicación da LOMCE supón unha menor presenza do galego nas aulas xa que, o alumnado da ESO, terá 31 horas de clases en español fronte a 18 horas en galego se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas.

Por isto, A Mesa pola Normalización Lingüística apoia a folga no ensino e as concentracións que terán lugar o xoves día 9 de marzo contra a LOMCE.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra