Noticias da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe o informe A lingua galega na Educación Infantil de Galiza de 3 a 6 anos.

Resulta asombroso o incremento da exclusión total do galego no conxunto das cidades,  onde só Vigo e Pontevedra amortiguan o impacto global da ausencia do nos idioma

O estudo realizouse en 941 centros públicos e privados ampliándose ao conxunto de Galiza

O propio profesorado dos centros sinala as dificuldades para favorecer a adquisión de competencias orais mínimas que permitan ao alumnado expresarse en galego con fluidez

Descarga aquí o informe

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017-. A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe o seu estudo anual sobre a situación do galego nas aulas de educación infantil que, nesta edición, pasa de recoller os datos das 7 cidades ao conxunto de Galiza.

Estudo sobre a educación infantil de Galiza de 3 a 6 anos. Curso 16/17

Segundo o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “ este estudo que facemos suple unha acción que a Xunta está obrigada a facer segundo o seu propio decreto. Ademais das horas dedicadas a cada lingua, durante o proceso de enquisas preguntouse sobre os materiais se usan no desenvolvemento educativo e en que idioma están estes materiais.  Destaca a escasa de materias en galego fronte a materias didácticos en castelán e inglés. Tamén o agravio comparativo que supón que os materiais en galego teñan que ser elaborados polo propio profesorado fronte á grade cantidade de recursos en castelán e inglés. Neste sentido Maceira afirmou que os materiais que existen é polo compromiso das e dos educadores e  da iniciativa social ou privada e dalgúns concellos, sen que haxa respaldo e promoción por parte da Xunta que se desentende de poñelos a disposición das escolas.

Para levar a cabo este estudio, dividiuse as poboacións en 5 tramos: de 0-5.000 habitantes; de 5.000 a 10.000 habitantes; de 10.000 a 20.000 habitantes; de 20.000 a 50.000 habitantes; e máis de 50.000 habitantes.

Maceira indicou que o estudo só recolle datos, e que estes poden presentar a limitación da resposta do “politicamente correcto”, visíbel na resposta “50%” ou “segundo decreto”, que resulta practicamente imposíbel de concretar na realidade nun tramo educativo como a educación infantil. A resposta do “segundo decreto” ou “50%” é unha forma amparo ante a distribución lingüística real dos centros que, na maioría dos casos, favorece o castelán, mais mostra tamén intencionalidade de distribución cara á equiparación.

Destacou tamén que malia a ilegalidade da enquisa ás familias declarada pola sentenza do TSXG e confirmada polo Tribunal Supremo a Xunta mantén esta enquisa como medio para decidir a presenza do galego, tal e como demostra o feito de o 88,29% afirmaren manter a súa realización.

Datos da enquisa

Respecto aos datos obtidos, en ningún centro a lingua exclusiva é galego mais, pola contra, existen moitos onde a única lingua nas aulas é castelán, en porcentaxes que varían desde o 1% nos concellos de menos de 5000 habitantes, ao 33% das cidades. A este respecto só Vigo e Pontevedra modifican un contexto xeral de aumento da exclusión do galego con cifras que incluso no caso de Vigo acadan o 55%. En casos como o de Lugo a exclusión absoluta do galego pasou do 0% ao 13%; do 6% ao 24% en Ourense; do 0% ao 7% en Santiago; do 7% ao 30% na Coruña; ou do 0% ao 29% en Ferrol. Este aumento xeneralizado da eliminación do galego é escandalosa.

Nos datos recollidos obsérvase a fractura entre o ámbito rural con maior presenza do galgo e o urbano onde a presenza do castelán mesmo coa exclusión absoluta do galego é evidente.

O presidente da Mesa señala que “a situación actual é negativa para o galego, a exclusión do idioma está aumentando exponencialmente e non garante para o alumnado a adquisión de competencias para utilizar a lingua galega”. Para Maceira “a  solución inmediata pasa pola derrogación do decreto do, mal chamado, plurilingüismo xa que as competencias do galego son as máis baixas da historia”. “A Xunta actúa ao revés do que faría se tivese un mínimo de preocupación polo futuro do noso idioma, roubándolle a lingua ás crianzas galegas ”.

A Mesa reclamou a derrogación do decretazo contrao galeego e unha avaliación da situación compartida entre todos os sectores educativos que dea lugar a un novo decreto que garanta o ensino en galego “con amplo respaldo como tiña o anterior”.

Maceira criticou o anuncio dun Plan para a Mocidade cando se mantén en vigor un decreto que non teñen reparo en incumprir para evitar calquera resquicio favorábel ao galego. Como exemplo citou a negativa da Xunta a realizar a avaliación anual que o propio decreto fixa, ou nin sequera aparentar cumprir una distribución horaria “equitativa” na Educación secundaria onde en cursos como 2º da ESO é matematicamente imposíbel manter uns mínimos.

Simalou tamén o presidente da Mesa o escaso interese da Xunta por promover a opción d elecer en galego para a mocidade. Puxo como exemplo que o filme “Os psiconautas” non poderá ser visto en galego en ningunha sala comercial malia existir versión dobrada, polo escaso interese en facer rendíbel un investimento público feito só para manter a apariencia.

A Mesa: Secretaria Xeral de Política Lingüística na práctica

Con traballos coma este A Mesa pola Normalización Lingüística está a realizar un traballo que lle corresponde ao goberno galego e á Secretaria Xeral de Política Lingüística. Neste caso e noutros moitos son as entidades de defensa da lingua, e A Mesa en particular quen exerce na práctica as función que lle corresponden legalmente a Xunta, tamén na promoción do galego, e animou aos Concellos a que contribúan máis a facer desde o ámbito o que a Xunta se nega a facer. Non se pode consentir que continúe a deixazón de funcións no que ten a ver coa lingua galega. “Se a Xunta non o fai alguén o ten que facer”.

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis