O suplemento Somos Galego xa está nos quioscos

Cada dous meses A Mesa pola Normalización Lingüística colabora con Sermos Galiza cun suplemento que pon ao día as novas sobre lingua galega.

Onte, xoves día 2 de marzo, saíu o novo suplemento de Somos Galego co semanario Sermos Galiza. Neste suplemento, pódese atopar as últimas novas da Mesa respecto a nosa lingua. Neste número once, cóntase con dúas reportaxes:  a nova Iniciativa Lexislativa Popular pola garantía dos dereitos lingüísticos que está impulsando A Mesa e as últimas actuacións que, xunto ca CIG-Ensino, levou a cabo para mellorar a presenza do galego na educación. Conta ca información, tamén, da presentación do informe da Liña do Galego.

Ademais, pódese atopar, como cada número, a colaboración do catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, Xosé Ramón Freixeiro Mato, que fala sobre a forma e uso dalgunhas preposicións para mellorar a calidade da nosa lingua.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra