Presentación do documental do Festival Tosta e do libro “Unha guía imperfecta”

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística temos o pracer de vos convidar ao acto de presentación do documental Tosta (en versión orixinal con subtítulos en galego) e do libro Unha guía imperfecta.

A presentación terá lugar o Día Europeo das Linguas (terza feira, 26 de setembro) ás 20 horas no Teatro Colón da Coruña.

Agardamos contar coa vosa presenza neste evento. Prégase confirmar asistencia en amesa@amesa.gal ou no teléfono 981563885. As invitacións poderán recollerse na billeteira do Teatro Colón os días 25 e 26 de setembro.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra