A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación na Coruña do libro COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS

O libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, un “manual de autoaxuda e autodefensa para vivir en galego”, publicado polo presidente da Mesa, presentarase o 3 de agosto na Coruña.

O evento terá lugar na Feira do Libro (Paseo de Méndez Núñez) ás 21 h coa participación de Carlos Callón (presidente da Mesa e autor do libro), Xabier P. Docampo (escritor e activista lingüístico), Fran Rei (vicepresidente da Mesa) e Manuel Bragado (director de Edicións Xerais).

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra