Presentación do Nº65 da Revista Galega de Educación: “A lingua na educación infantil”

O vindeiro martes 20 de decembro no salón de actos da facultade de filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do novo número da Revista Galega de Educación A lingua na educación infantil.

Intervirán:

-Xesús Rodriguez, director da RGE.

-Marcos Maceira, presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística.

-Anxos Sobriño, presidenta da coordinadora de traballadores/as de Normalización da Lingua.

-Paco Veiga, Coordinador do monográfico.

-Martiño Noriega, alcalde de Santiago.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra