Lugo Noticias da Mesa

Queremos Galego fixo un chamamento ás luguesas e lugueses para que participen na manifestación deste 17 de maio en Santiago de Compostela

Haberá autobuses que sairán de diante de Sindicatos na Rolda da Muralla ás 10.00 da mañá

Esta mañá representantes de diversas entidades integradas na Plataforma Queremos Galego organizaron unha rolda de prensa no Palco da Música da Praza Maior de Lugo para presentar a manifestación que terá lugar o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela, con motivo do Día das Letras Galegas.

Os membros da Plataforma fixeron un chamamento a toda a sociedade para que se comprometan coa defensa do noso idioma e participen na manifestación que baixo o lema “Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!” percorrerá as rúas de Compostela a vindeira sexta feira.

Para facilitar o traslado á manifestación sairán autobuses de Lugo o propio 17 de maio,  ás 10 da mañá, de diante de Sindicatos na Rolda da Muralla. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono da CIG: 982 22 58 12.

Queremos galego!

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis