Queres colaborar connosco o Día da Patria Galega?

A Mesa distribuirá información e venderá material nos diferentes actos organizados para o Día da Patria Galega. Se vas participar nalgún deles e queres colaborar na distribución e venda ponte en contacto connosco no enderezo electrónico amesa@amesa.gal ou a través do teléfono 981563885.

Ademais, a Mesa pola Normalización participará cun posto propio no Festigal os días 24 e 25 de xullo. Neste festival presentarase o libro-cd A Voz do Vento de Fran Amil e a tribo incomprensíbel, editado pola Mesa. Será o día 25 ás 21.00 no Café Concerto.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra