Tour pola Europa das linguas minorizadas con Emmanuel Le Merlus

O acto vai ser no Museo Provincial de Lugo mañá, terza feira (martes) 26 de xuño, ás 20:30 h.

A Mesa de Lugo, en colaboración da Deputación, organiza este acto e recepción na Galiza de Emmanuel Le Merlus, bretón que está a percorrer Europa na defensa das linguas minorizadas.

Máis info do seu tour en: http://europa-tour.over-blog.com/    

Intervirán tamén a escritora Olga Novo (“A Bretaña nos escritores galegos”); o maxistrado Luis Villares (“A Carta Europea das línguas”), e o propio Emmanuel Le Merlus fará unha exposición sobre o propio “Tour pola Europa das línguas minorizadas”.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra