VALDEORRAS.- Asemblea da Mesa o 23 de xaneiro

Será ás 18.30h no Salón de Actos do Multiusos do Barco de Valdeorras, con anterioridade ao acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón

O grupo comarcal da Mesa da zona de Valdeorras inicia unha nova etapa organizativa e para iso vén de convocar unha asemblea para este vindeiro 23 de xaneiro, segunda feira, ás 18.30 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Barco de Valdeorras (na Praza do Concello).

Nesta asemblea, de carácter aberto non só ás socias e socios da entidade senón a todas aquelas persoas da comarca interesadas na defensa da lingua e no traballo social en favor da súa normalización, escollerase unha nova dirección para A Mesa nesta zona organizativa que agrupa as comarcas naturais de Valdeorras, Terras de Trives e Terras de Viana. Acompañarannos na mesma Fran Rei, coordinador de zonas e vicepresidente da Mesa, e Carlos Callón, presidente da asociación.

De feito, inmediatamente despois da asemblea, ás 20 horas, Carlos Callón presentará na Biblioteca Municipal do Barco Florencio Delgado Gurriarán (Rúa Academia Dequit) o seu máis recente traballo sociolingüístico, o manual Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Callón estará acompañado na presentación polo profesor de Lingua e Literatura no IES Martaguisela do Barco Manuel Agra.

Agardámosvos!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra