Que facemos

Desde o seu nacemento, A Mesa desenvolveu numerosas campañas e denuncias que a converteron nun referente social imprescindíbel no terreo da normalización lingüística. Hoxe é unha organización consolidada, implantada en toda Galiza, con 4.000 socios e socias e unha repercusión social moi importante.

Principais actividades da MESA

Un dos aspectos característicos do espírito de traballo da Mesa é o esforzo por ser a casa común do traballo pola normalización do idioma, polo que sempre procura implicar nas súas accións a todo tipo de organizacións, institucións ou empresas. Este traballo de colaboración pode realizarse de maneira puntual, para unha campaña concreta, ou de maneira continuad. Así, A Mesa impulsou en 2009 a plataforma unitaria Queremos Galego, que coordina desde ese momento e que está conformada por máis de 700 entidades de todo tipo.

As actividades da Mesa deséñanse con finalidades sensibilizadoras e reivindicativas. As campañas sensibilizadoras teñen un importante elemento informativo e van dirixidas á poboación en xeral, aos comerciantes, empresarios, etc. As accións reivindicativas refírense sobre todo ás institucións ou grandes empresas e consisten na denuncia de discriminacións lingüísticas do galego ou do incumprimento da Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983 porén incumprida aínda hoxe en moitos dos seus artigos.
Tamén desenvolvemos campañas de felicitación cando unha empresa ou colectivo se destaca de maneira positiva polo uso ou promoción do noso idioma. Tanto as accións de denuncia como as de felicitación realízanse a través de cartas directas, comunicados de imprensa que se publican nos medios de comunicación, etc.

Últimas noticias

Noticias Noticias da Mesa

A iniciativa lexislativa “Sentido Común” para o dereito ao uso do galego no ámbito económico rexístrase con máis de 28.000 apoios

É a ILP do Sentido Común e a da conquista da liberdade para empregarmos o galego sempre e en todo lugar A ILP impulsada pola Mesa Normalización Lingüística foi rexistrada e presentada ao Presidente do Parlamento grazas ao amplo popular Marcos Maceira: “ De se aprobar e se cumprir será o principal avance para o […]

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis