Abertos ao Galego

Que é o certificado ABERTOS AO GALEGO?

ABERTOS AO GALEGO é un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.

Quen se encarga do seguimento e avaliación?

A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, con máis de vinte anos de historia ininterrompida, é a responsábel do seguimento, promoción e avaliación do certificado.

Cales son as vantaxes das empresas ou asociacións que contén co certificado abertos ao galego?

a. Figurarán no catálogo web, actualizado permanentemente na páxina www.amesa.gal/abertosaogalego.
b. Poderán participar nos actos comarcais e nacionais que se realizarán cada ano para as entidades que ostenten o certificado e que terán difusión mediática.
c. Poderán acceder a descontos publicitarios en medios de comunicación que colaboraren co proxecto.
d. Poderán utilizar o distintivo do certificado alí onde o consideraren oportuno (A Mesa entregará os distintivos correspondentes).
e. Conseguirán un impulso ao uso da lingua que nos une como galegos e como galegas, participando dunha ampla rede social.

Cales son as empresas que pertencen a abertos ao galego?

Nesta sección pódese consultar a listaxe actualizada.

 

 

Cotas

Cales son as cotas para poder ostentar o certificado? A base é de 46 €/ano, ao que se acrecentarán 3 €/ano por cada traballador ou traballadora.

Ler máis

Niveis

Cales son os diferentes niveis do certificado? A extensión da lingua galega a todos os ámbitos é un camiño que imos andando pouco a pouco.

Ler máis

Últimas noticias

Noticias da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe o informe A lingua galega na Educación Infantil de Galiza de 3 a 6 anos.

Resulta asombroso o incremento da exclusión total do galego no conxunto das cidades,  onde só Vigo e Pontevedra amortiguan o impacto global da ausencia do nos idioma O estudo realizouse en 941 centros públicos e privados ampliándose ao conxunto de Galiza O propio profesorado dos centros sinala as dificuldades para favorecer a adquisión de competencias […]

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis