Quen somos

Que é A Mesa pola Normalización Lingüística?

A MESA pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo.

Nacemento

En abril de 1986 diversas asociacións convocaron un “Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística” que reuniu a case 500 asistentes. Entre as resolucións finais, acordouse constituír unha Mesa Permanente para a Normalización Lingüística que se encargase de poñer en práctica as conclusións daquel encontro.

A MESA conseguiu especial relevancia en decembro de 1987, cando o goberno central requiriu ao goberno galego para que retirase o esencial da orde do 31 de agosto de 1987 pola que se incorporaba o galego como lingua vehicular do ensino. A MESA convocou a institucións, asociacións cívicas, APAs, sindicatos, organizacións políticas e a toda a cidadanía en xeral a unha gran mobilización o 13 de decembro de 1987 coa finalidade de defender o proceso de normalización lingüística no ensino, baixo a consigna “Aprender en galego non é un delito”. Esta manifestación congregou, segundo datos oficiais, a máis de 25.000 persoas.

A Mesa pola Normalización Lingüística por dentro

A Mesa pola Normalización Lingüística está composta por 4.000 socias e socios, que a converten na maior asociación cultural de Galiza. Calquera persoa sensíbel coa causa do idioma galego pode facer parte da Mesa.

Os seus órganos de goberno son a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva e a Comisión Permanente.

A Asemblea Xeral

Todos os socios e todas as socias da Mesa poden participar cada ano nunha reunión nacional onde se valora o traballo realizado e se deciden as liñas xerais de acción para desenvolver no seguinte período.

A Xunta Directiva

Compóñena os e as representantes das zonas, ademais das persoas responsábeis de cada unha das seccións: Mocidade pola Normalización Lingüística, Observatorio de Dereitos Lingüísticos e Nais e Pais polo Ensino en Galego.

A Comisión Permanente

É o órgano diario de xestión da asociación. Nestes momentos está composto por Marcos Maceira (presidente), Elsa Quintas (vicepresidenta 1ª), Mónica Pazos (secretaria xeral), Paulo Filgueiras (coordinador de zonas), Manuel Carnicero (vogal), Celia Armas (vogal), Manuel Rei (vogal), Susana Méndez (vogal) e Xosé María Cotelo (vogal).

 

Contacto

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Mesa pola Normalización Lingüística, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento.

Ler máis

Últimas noticias

Noticias da Mesa

Galiza Cultura premia Francisco Rodríguez polos 50 anos de servizo á cultura galega

A Federación Galiza Cultura de asociacións culturais anunciou esta segunda feira a concesión do Premio Nacional Galiza Cultura ao profesor, escritor e investigador Francisco Rodríguez, a quen se lle recoñecen os seus cincuenta anos ao servizo da cultura galega A entrega terá lugar o sábado 22 de abril en Ferrol, cidade natal do premiado  Incricións […]

Ler máis
Noticias da Mesa

Queremos Galego convoca unha grande manifestación de unidade a favor da nosa lingua en Santiago o 17 de maio

A convocatoria terá lugar baixo o lema “en galego sen límites” co que a plataforma cidadá pretende pór en evidencia os obstáculos para vivir en galego e a necesidade de superalos colectivamente  Marcos Maceira: “É hora de que a Xunta de Feixó corresponda a dignidade que o pobo mostra mantendo viva a súa lingua”  “A […]

Ler máis
Noticias da Mesa

Os presidentes do Parlamento de Galiza e da Real Academia Galega recibiron con interese o Protocolo de Donostia para os dereitos lingüísticos

O Secretario Xeral de Kontseilua, Paul Bilbao,  e o presidente da Mesa, Marcos Maceira, presentaron o documento internacional aos presidentes da primeira institución de Galiza e da máis antiga Paul Bilbao: “o Protocolo é unha ferramenta da sociedade para pensar e actuar en positivo” Marcos Maceira:  “agora entre todas e todos  temos que levar á […]

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis