Aviso Legal

Estas condicións xerais (en adiante, as Condicións Xerais) regulan o uso do servizo do portal de Internet www.amesanl.org (en adiante, o Portal) que A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA pon gratuitamente ao dispor das usuarias e usuarios da Rede.

A utilización do Portal atribúe a condición de usuaria ou usuario do Portal (en adiante, o Usuario) e expresa a aceptación plena e sen reservas do Usuario de todas e cada unha das Condicións Xerais na versión publicada por A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA no momento mesmo en que o Usuario acceder ao Portal. En consecuencia, o Usuario debe ler atentamente as Condicións Xerais en cada unha das ocasións en que se propuxer utilizar o Portal.

A utilización de certos servizos ofrecidos aos Usuarios a través do Portal encóntrase sometida a condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan e/ou modifican as Condicións Xerais (en adiante, as Condicións Particulares). Con anterioridade á utilización de ditos servizos, por tanto, o Usuario tamén debe ler atentamente as correspondentes Condicións Particulares.

Así mesmo, a utilización do Servizo encóntrase sometida igualmente a todos os avisos, regulamentos de uso e instrucións postos en coñecemento do Usuario por A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, que completan o previsto nestas Condicións Xerais en canto non se opoñan a elas.

1.a. DATOS DA ASOCIACIÓN

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI) infórmase do seguinte:
Titular da páxina Web: A Mesa pola Normalización Lingüística

  • C.I.F. G15154610
    Inscrita no Rexistro de Asociacións.
    Domicilio Social: Avenida de Lugo, 2-A entresollado A 15702 Santiago de Compostela.

2. OBXECTO

A través do Portal, A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA facilita aos Usuarios o acceso a información e o emprego de diversos servizos e contidos postos a disposición dos Usuarios por A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ou por terceiros usuarios do Portal e/ou terceiros provedores de servizos e contidos (en adiante, os Servizos).

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA resérvase o dereito a modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo, a presentación e configuración do Portal, así como os Servizos e as condicións requiridas para utilizar o Portal e os Servizos.

3. CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN DO PORTAL

3.1. Carácter gratuíto do acceso e utilización do Portal.

A prestación do servizo de Portal por parte de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ten carácter gratuíto para os Usuarios da forma en que se indica expresamente nas súas correspondentes Condicións Particulares.

3.2. Alta como SOCIA/O

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ofrece a oportunidade de darse de alta como socia/o a través do Portal. Para tal efecto requirirá uns datos de carácter persoal. A/o interesada/o en asociarse fica informado de que tales datos serán incluídos no ficheiro denominado A Mesa pola Normalización Lingüística, propiedade da mesma, e autoriza a esta ao seu tratamento de acordo coas finalidades previstas na citada base de datos inherentes ao feito de ser membro da asociación, incluíndo o envío periódico dun boletín de noticias e información relacionada coa normalización do galego e dos dereitos das e dos galegofalantes.

A persoa rexistrada recoñece, a medio de aceptación destas condicións, que fica informada dos seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación, respecto dos seus datos persoais de acordo co previsto na Lei 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, podendo exercitalos por escrito ou por correo electrónico (amesa@amesanl.org), achegando copia, física ou escaneada, do seu documento de identidade, e dirixindo o escrito á “Responsabilidade de Seguridade da Mesa” (Avda. de Lugo, 2A ent. A, C.P. 15702, Santiago de Compostela).

A solicitude de baixa deberá ser cursada en calquera momento ou no momento administrativamente posíbel, comportando a cancelación dos rexistros da Mesa pola Normalización Lingüística de todos os datos de carácter persoal da/o socia/o e o envío do certificado de cancelación.

A/o socia/o autoriza a ceder os datos facilitados por medio do Portal a calquera outra persoa física ou xurídica que interveña, con autorización por conta desta, como entidade responsábel do programa de información xurídica, laboral, económica e financeira, así como do financiamento e xestión de certas accións.

A/o socio, asemade, autoriza A Mesa pola Normalización Lingüística a ceder os datos facilitados por medio do Portal á Xunta de Galiza, ao Goberno Central ou a calquera outra Administración Pública competente e responsábel da regulación da acción de liñas de axudas e subvencións na que fose incluído; autorizándoa, en aplicación do estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, a comprobar a veracidade dos datos achegados.

3.3. Obrigación de facer un uso correcto do Portal e dos Servizos

A/o Usuaria/o comprométese a utilizar o Portal e os Servizos de conformidade coa lei, estas Condicións Xerais, así como coa moral e bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.
A/o Usuaria/o obrígase a absterse de utilizar o Portal e os Servizos con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao estabelecido nestas Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar o Portal e os Servizos ou impedir a normal utilización ou gozo do Portal e dos Servizos por parte dos Usuarios.

3.4. Medios para a obtención de Contidos

A/o Usuaria/o deberá absterse de obter e mesmo de intentar obter informacións, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material accesíbel a través do Portal ou dos Servizos (en adiante, os Contidos), empregando para isto medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, se puxeren á súa disposición a este efecto ou se indicaren a este efecto nas páxinas web onde se encontren os Contidos ou, en xeral, dos que se empregaren habitualmente en Internet a este efecto, sempre que non reportaren un risco de dano ou inutilización do Portal, dos Servizos e/ou dos Contidos.

3.5. Uso correcto dos Contidos

O Usuario obrígase a usar os Contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de:

  • (a) utilizar os Contidos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ós bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
  • (b) reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os Contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou isto resulte legalmente permitido;
  • (c) suprimir, eludir ou manipular o copyright e demais datos identificativos dos dereitos de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ou dos seus titulares incorporados aos Contidos, así como os dispositivos técnicos de protección, as pegadas dixitais ou calesquera mecanismos de información que puideren conter os Contidos.

3.6. Uso dos Servizos ofrecidos en Portal de conformidade coa Política Anti Spamming de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A/o Usuaria/o obrígase a facer un uso dos Servizos conforme á Política Anti Spamming de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e, en particular, comprométese, a título simplemente indicativo e non exhaustivo, a absterse de:

  • (i) remitir publicidade de calquera clase e comunicacións con fins de venda ou outras de natureza comercial a unha pluralidade de persoas sin que medie a súa previa solicitude ou consentimento;
  • (ii) remitir calesquera outras mensaxes non solicitadas nin consentidas previamente a unha pluralidade de persoas;
  • (iii) enviar cadeas de mensaxes electrónicas non solicitadas nin previamente consentidas;
  • (iv) utilizar listaxes de distribución ás que se poida acceder a través do Portal ou dos Servizos para a realización das actividades sinaladas nos apartados (i) a (iii) anteriores;
  • (v) pór á disposición de terceiros, con calquera finalidade, datos captados a partir de listaxes de distribución.

As/os Usuarias/os prexudicadas/os pola recepción de mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas poderán comunicalo a A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA cubrindo o formulario de Atención á/ao Usuaria/o dispoñíbel no portal e sinalando a práctica no apartado de Comentarios ou Observacións.

3.7. Introdución de hipervínculos que permitan o acceso ás páxinas web do Portal e aos Contidos

Os Usuarios e, en xeral, aquelas persoas que se propoñan estabeleceren un hipervínculo entre a súa páxina web e o Portal (en adiante, o Hipervínculo) deberán cumprir as condicións seguintes:

  • (a) o Hipervínculo unicamente permitirá o acceso ás páxinas web do Portal, mais non poderá reproducilas de ningunha forma;
  • (b) non se estabelecerán hipervínculos coas páxinas web do Portal distintas da home-page ou páxina primeira do Portal ou dos Servizos;
  • (c) non se creará un browser nin un border enviroment sobre as páxinas web do Portal;
  • (d) non se realizarán manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou incorrectas sobre as páxinas web do Portal e os Servizos e, en particular, non se declarará nin dará a entender que A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA autorizou o Hipervínculo ou que supervisou ou asumiu de calquera forma os contidos ou servizos ofrecidos ou postos á disposición da páxina web na que se estabelece o Hipervínculo;
  • (e) excepción feita daqueles signos que formen parte do mesmo Hipervínculo, a páxina web na que se estabelecer o Hipervínculo non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de estabelecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes a A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e colectivos dela pertencentes (Observatorio dos Dereitos Lingüísticos, Nais e Pais polo Ensino en Galego; etc).
  • (f) a páxina web na que se estabelecer o Hipervínculo non conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral e bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calesquera dereitos de terceiros.

O estabelecemento do Hipervínculo non implica en ningún caso a existencia de relacións entre A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o propietario da páxina web na que se estabelecer, nin a aceptación e aprobación por parte de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA dos seus contidos ou servizos.

4. EMPREGO DE TECNOLOXÍA COOKIE

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA utiliza cookies cando un Usuario navega polos sitios e páxinas web do Portal. As nosas cookies asócianse unicamente cun Usuario anónimo e a súa computadora e non proporcionan referencias que permitan deducir o nome e apelidos do Usuario. As cookies de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros proveedores. A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA cifra os datos identificativos do Usuario para maior seguridade. Grazas ás cookies, resulta posíbel que A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA recoñeza os Usuarios rexistrados despois de estes se rexistraren por primeira vez, sen que se teñan que rexistrar en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. A/o Usuaria/o ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a instalación de cookies no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o Portal, non é necesario que o Usuario permita a instalación das cookies enviadas por A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, sen prexuízo de que en tal caso cumprirá que o Usuario se rexistre cada vez que acceda a un servizo que requira o previo rexistro.

6. UTILIZACIÓN DO PORTAL E DOS CONTIDOS BAIXO A EXCLUSIVA RESPONSABILIDADE DO USUARIO.

A/o Usuaria/o é consciente de e acepta voluntariamente que o uso do Portal, dos Servizos e dos Contidos ten lugar, en todo caso, baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

7. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE

7.1. Exclusión de garantías e de responsabilidade polo funcionamento do Portal e dos Servizos

7.1.1. Dispoñibilidade e continuidade, utilidade e falibilidade:

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA non garantiza a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do Portal e dos Servizos. Cando isto for razoabelmente posíbel, A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA advertirá previamente as interrupcións no funcionamento do Portal e dos Servizos. A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA tampouco garante a utilidade do Portal e dos Servizos para a realización de ningunha actividade en particular, nin a súa infalibilidade e, en particular, aínda que non de modo exclusivo, que os Usuarios poidan efectivamente utilizar o Portal e os Servizos, acceder ás distintas páxinas web que forman o Portal ou a aquelas desde as que se prestaren os Servizos.

A ASOCIACIÓN EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE POIDAN DEBERSE Á FALTA DE DISPOÑIBILIDADE OU DE CONTINUIDADE DO FUNCIONAMENTO DO PORTAL E DOS SERVIZOS, Á DEFRAUDACIÓN DA UTILIDADE QUE OS USUARIOS PUIDEREN ATRIBUÍR AO PORTAL E AOS SERVIZOS, Á FALIBILIDADE DO PORTAL E DOS SERVIZOS, E EN PARTICULAR, AÍNDA QUE NON DE MODO EXCLUSIVO, AOS ERROS NO ACCESO ÁS DISTINTAS PÁXINAS WEB DO PORTAL OU A AQUELAS DESDE AS QUE SE PRESTAN OS SERVIZOS.

7.1.2. Privacidade e seguridade na utilización do Portal e dos Servizos

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA non garante a privacidade e seguridade da utilización do Portal e dos Servizos e, en particular, non garante que terceiros non autorizados non poidan ter coñecemento da clase, condicións, características e circunstancias do uso que os Usuarios fan do Portal e dos Servizos.
A EMPRESA EXCLÚE TODA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE SE POIDAN DEBER AO COÑECEMENTO QUE POIDAN TER TERCEIROS NON AUTORIZADOS DA CLASE, CONDICIÓNS, CARACTERÍSTICAS E CIRCUNSTANCIAS DO USO QUE OS USUARIOS FAN DO PORTAL E DOS SERVIZOS.

7.2. Exclusión de garantías e de responsabilidade polos Contidos

7.2.1. Calidade

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos Contidos que poidan producir alteracións no seu sistema informático (software e hardware) ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático.

A EMPRESA EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE SE POIDAN DEBER Á PRESENZA DE VIRUS OU Á PRESENZA DOUTROS ELEMENTOS NOS CONTIDOS QUE POIDAN PRODUCIR ALTERACIÓNS NO SISTEMA INFORMÁTICO, DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS OU FICHEIROS DOS USUARIOS.

7.2.2. Licitude, fiabilidade e utilidade

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA non garante a licitude, fiabilidade e utilidade dos Contidos.

A EMPRESA EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE SE POIDAN DEBER Á TRANSMISIÓN, DIFUSIÓN, ALMACENAMENTO, POSTA A DISPOSICIÓN, RECEPCIÓN, OBTENCIÓN OU ACCESO AOS CONTIDOS, E EN PARTICULAR, AÍNDA QUE NON DE MODO EXCLUSIVO, POLOS DANOS E PREXUÍZOS QUE SE POIDAN DEBER A:

  • (A) O INCUMPRIMENTO DA LEI, A MORAL E OS BOS COSTUMES XERALMENTE ACEPTADOS OU A ORDE PÚBLICA COMO CONSECUENCIA DA TRANSMISIÓN, DIFUSIÓN, ALMACENAMENTO, POSTA A DISPOSICIÓN, RECEPCIÓN, OBTENCIÓN OU ACCESO AOS CONTIDOS;
  • (B) A INFRACCIÓN DOS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL, DOS SECRETOS EMPRESARIAIS, DE COMPROMISOS CONTRACTUAIS DE CALQUERA CLASE, DOS DEREITOS Á HONRA, Á INTIMIDADE PERSOAL E FAMILIAR E Á IMAXE DAS PERSOAS, DOS DEREITOS DE PROPIEDADE E DE TODA OUTRA NATUREZA PERTENCENTES A UN TERCEIRO COMO CONSECUENCIA DA TRANSMISIÓN, DIFUSIÓN, ALMACENAMENTO, POSTA A DISPOSICIÓN, RECEPCIÓN, OBTENCIÓN OU ACCESO AOS CONTIDOS;
  • (C) A REALIZACIÓN DE ACTOS DE COMPETENCIA DESLEAL E PUBLICIDADE ILÍCITA COMO CONSECUENCIA DA TRANSMISIÓN, DIFUSIÓN, ALMACENAMENTO, POSTA A DISPOSICIÓN, RECEPCIÓN, OBTENCIÓN OU ACCESO AOS CONTIDOS;
  • (D) A FALTA DE VERACIDADE, EXACTITUDE, EXHAUSTIVIDADE, PERTINENCIA E/OU ACTUALIDADE DOS CONTIDOS;
  • (E) A INADECUACIÓN PARA CALQUERA CLASE DE PROPÓSITO DE E A DEFRAUDACIÓN DAS EXPECTATIVAS XERADAS POLOS CONTIDOS;
  • (F) O INCUMPRIMENTO, RETRASO NO CUMPRIMENTO, CUMPRIMENTO DEFECTUOSO OU TERMINACIÓN POR CALQUERA CAUSA DAS OBRIGAS CONTRAÍDAS POR TERCEIROS E CONTRATOS REALIZADOS CON TERCEIROS A TRAVÉS DE OU CON MOTIVO DO ACCESO AOS CONTIDOS;
  • (G) OS VICIOS E DEFECTOS DE TODA CLASE DOS CONTIDOS TRANSMITIDOS, DIFUNDIDOS, ALMACENADOS, POSTOS A DISPOSICIÓN OU DOUTRA FORMA TRANSMITIDOS OU POSTOS A DISPOSICIÓN, RECIBIDOS, OBTIDOS OU AOS QUE SE ACCEDESE A TRAVÉS DO PORTAL OU DOS SERVIZOS.

7.2.3. Veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA non garante a veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade dos Contidos.

A EMPRESA EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE SE POIDAN DEBER Á FALTA DE VERACIDADE, EXACTITUDE, EXHAUSTIVIDADE E/OU ACTUALIDADE DOS CONTIDOS.

8. NON LICENZA

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade industrial e intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co Portal, os Servizos ou os Contidos, agás autorización expresa.

9. DENEGACIÓN E RETIRADA DO ACCESO AO PORTAL E/OU AOS SERVIZOS

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao Portal e/ou aos Servizos, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, a aqueles Usuarios que incumpriren estas Condicións Xerais ou as Condicións Particulares que resultaren de aplicación.

10. PROCEDEMENTO EN CASO DE REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE CARÁCTER ILÍCITO

Caso de calquera Usuario ou un terceiro considerar que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito da utilización de calquera contido e/ou da realización de calquera actividade nas páxinas web incluídas en ou accesíbeis a través do Portal, e, en particular, da violación de dereitos de propiedade intelectual ou industrial (patentes, modelos e debuxos industriais, marcas e nomes comerciais, etc.) ou outros dereitos, deberá enviar unha notificación a A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA na que se conteñan os seguintes extremos:

  • (a) datos persoais: nome, dirección, número de teléfono e enderezo de correo electrónico do reclamante;
  • (b) especificación da suposta actividade ilícita levada a cabo no Portal e, en particular, cando se tratar dunha suposta violación de dereitos, indicación precisa e concreta dos contidos protexidos así como da súa localización nas páxinas web;
  • (c) feitos ou circunstancias que revelan o carácter ilícito de dita actividade;
  • (d) no suposto de violación de dereitos, sinatura auténtica ou equivalente, cos datos persoais do titular dos dereitos supostamente infrinxidos ou da persoa autorizada para actuar en nome e por conta desta;
  • (e) declaración expresa, clara e baixo a responsabilidade do reclamante, de a información proporcionada na notificación ser exacta e do carácter ilícito da utilización dos contidos ou da realización das actividades descritas.

Estas notificacións deberán ser enviadas a: A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (Avenida de Lugo, 2-A entresollado A 15702 Santiago de Compostela).

11. DURACIÓN E TERMINACIÓN

A prestación do servizo de Portal e dos demais Servizos ten, en principio, unha duración indefinida. A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA pode dar por terminada ou suspender a prestación do servizo do Portal e/ou de calquera dos Servizos en calquera momento, sen prexuízo do que se dispuxer ao respecto nas correspondentes Condicións Particulares. Cando isto sexa razoabelmente posíbel, A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA pode emprender a acción ou suspensión da prestación do servizo de Portal e dos demais Servizos.

12. LEI APLICÁBEL E XURISDICIÓN

Estas Condicións Xerais réxense pola lei española. A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense ao dos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela para calquera controversia que puidese derivarse da prestación dos servizos obxecto destas Condicións Xerais. Caso de a/o Usuaria/o ter o seu enderezo fóra do Estado Español, A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e a/o Usuaria/o sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Protección de datos

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informamos que os datos que vostede nos facilita a través da páxina web www.amesanl.org, introducíndoos nos apartados ”alta de socia/o” e ”contacta connosco”, farán parte de ficheiros titularidade de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, denominados ”alta de cliente” e ”contacta connosco”, cuxa finalidade será a de iniciar relacións habituais entre a asociación e o seu corpo asociativo, así como comunicar as súas suxestións e propostas, respectivamente, así como remitirlle información -mesmo por medios electrónicos- sobre as actividades e servizos que presta A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, sendo este o único destinatario dos mesmos. A resposta ás preguntas do presente cuestionario é obrigatoria para alcanzar os obxectivos do mesmo, non sendo posíbel dita consecución sen a obtención da referida información persoal. Vostede poderá exercer os seus dereitos, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ou por correo electrónico (amesa@amesanl.org), achegando copia, física ou escaneada, do seu documento de identidade, e dirixindo o escrito á “Responsabilidade de Seguridade da Mesa” (Avenida de Lugo, 2-A entresollado A, 15702 Santiago de Compostela).

Contacto

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Mesa pola Normalización Lingüística, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento.

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis