“O idioma é a vida” Escolma de textos sobre a lingua galega de Manuel María

1,00 

Manuel María é unha das voces máis importantes e singulares da literatura galegacontemporánea. Xeralmente máis coñecido como poeta, tamén cultivou outros xéneros literarios como a narrativa, o teatro, o ensaio ou a prosa xornalística, a se converter así nun dos autores máis prolíficos e polifacéticos da nosa historia literaria. Ao mesmo tempo, o compromiso cívico coa nación galega, coas clases populares e co idioma propio converten o autor nun referente para a sociedade galega e nunha das súas figuras exemplares.

O idioma é a vida. Escolma de textos sobre lingua galega é unha escolla dos textos máis representativos que Manuel María dedicou á exaltación e defensa da lingua galega.

En stock

Categoría

Descrición

A Casa Museo Manuel María e a Mesa pola Normalización Lingüística veñen de publicar O idioma é a vida. Escolma de textos sobre a lingua galega, de Manuel María.

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis