‘A voz do vento’, poemas de Manuel María (libro-cd)

16,00 19,00 

A Mesa celebraba o ano pasado a elección de Manuel María como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2016.

A voz do vento quere ser unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa.

O libro ilustrado por Jano componse de 11 temas. Os temas son extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas.

A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira  e Ricardo Casás.

Neste libro-CD colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.

Clear
SKU: N/D Categorías: ,

Descrición

A voz do vento

  • Poemas de Manuel María
  • Música de Fran Amil e a tribo incomprensíbel
  • Ilustracións de Jano

Características:

  • 26 páxinas
  • 18×18
  • ISBN: 978-84-608-5465-4
  • PVP: 20 €
  • Desconto para socias/os: 20%: 16 €
  • Desconto para non socias/os: 5%:  19 €

 

Additional information

Prezo de compra

Desconto web para NON socias/as 5%, Desconto web para SOCIAS/OS 20%

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis