---

Campamentos de verán na Semente da Coruña

Desde A Mesa  pola Normalización Lingüística informamos ás socias e socios da zona da Coruña sobre a organización dos campamentos de verán da Semente

CAMPAMENTO DE VERÁN 2019

A Semente Corunha inicia a súa actividade no seu novo espazo na rúa Alberto Garaizábal, 7 organizando un campamento de verán para nenos e nenas de 3 a 8 anos en horario de 9:00 a 14:00 do 1 ao 31 de xullo.

En que consiste?

Cada semana, mediante xogos cooperativos, obradoiros, actividades en contacto coa natureza e moita diversión, achegarémonos a diferentes temáticas, como a diversidade sexual e a diversidade funcional, a desmitificación dos xéneros en relacións e os afectos e os saberes das persoas de idade.

Cal é o prezo? 

1 semana 95€
2 semanas 160€
3 semanas 195€
4 semanas 240€

Como podo inscribir o meu fillo ou filla?

A través do teléfono 605788699 ou enviando un correo electrónico a pe.semente.corunha@gmail.com

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis