---

Colabora coa Mesa na difusión e na recollida de sinaturas da ILP para o dereito ao galego no consumo

Prezada socia, prezado socio:

A Mesa pola Normalización Lingüística está a comezar unha campaña social para o recoñecemento pleno dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, centrada na presentación dunha ILP para que o Parlamento asuma o recoñecemento claro duns dereitos que deben ser correspondidos pola Xunta de Galiza e as empresas que realizan actividades en Galiza sexa cal for a súa orixe.

Os principais puntos que contempla esta iniciativa son:

  • Dereito á atención galego
  • Dereito a recibir en galego calquera información, avisos ou instrucións, de maneira oral ou escrita, calquera que sexa o formato.
  • Dereito a dispor de contratos e formularios en galego
  • Respecto pola toponimia galega, única legal e oficial.
  • Dereito a termos opción de galego na teleatención
  • Exemplo das administracións públicas ao contratar servizos, garantindo a capacidade de atender e entender en galego e primando na contratación quen respecta a nosa lingua
  • Campaña informativa dos dereitos lingüísticos pola Xunta de Galiza.

Para levar isto ao Parlamento precisamos un mínimo de 10.000 sinaturas e a implicación de todas as socias e socios nas actividades que se realicen e na recollida sinaturas e cada localidade de Galiza.

Todos os escasos avances para a nosa lingua partiron da acción da sociedade galega. Por isto, na Comisión permanente da Mesa estamos convencidas e convencidos de que alén da aprobación ou non polo Parlamento desta iniciativa, o simples feito de acadarmos un amplo apoio social contribuirá ao aumento significativo da presenza da nosa lingua en espazos nos que aínda está excluída e a que empresas que se negan a dar a mínima opción de galego teñan que facelo.

Nos próximos días convocaranse reunións para a organización da campaña e diferentes lugares do país.
A través do correo electrónico, de sms e as redes sociais, iremos informando de puntos de recollida fixos, actos, colocación de mesas, debates, charlas, reunións informativas, asembleas…

Se quixeres participar na recollida de sinaturas ou na organización dalgunha actividade só tes que te pór en contacto connosco a través do mail amesa@amesa.gal ou do telefóno 981563885.

Achegamos tamén, nesta ligazón o texto completo da ILP cos primeiros apoios que recibimos.

Recibe un cordial saúdo
Marcos Maceira Eiras
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Follas_soltas_A4_ILP_ultima

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang