O Ministerio do Interior continúa a deturpar a toponimia nos Documentos de Identidade

Trinta e dous anos despois de que a Lei de Normalización estabelecese como única forma oficial dos nomes de lugar a galega, A Mesa puido constatar como en moitos Documentos de Identidade de recente expedición, a propia policía, que debería velar polo cumprimento da lei, mantén a deturpación e hibridación dos nosos topónimos.

Segundo as queixas recebidas pola Mesa de cidadás e cidadáns afectados, a xustificación que lles daban os funcionarios encargados, é que esas eran as formas que aparecían nas bases de datos do Ministerio do Interior. Aguajosa, Villaframil, ou Quenje, son algúns dos casos recibidos polá entidade en defensa da lingua galega.

A Mesa dirixiuse tanto ao Ministerio do Interior como á Secretaria Xeral de Política Linguística, que ten a obriga legal de protexer o nosso património toponímico, para que tomen as medidas oportunas para repor en todos os documentos os únicos nomes lexítimos, e ademais os legais, dos nomes das parroquias e lugares de Galiza.

A Mesa reclama que para comezar, todas as bases de datos do Ministerio se ateñan ao nomenclator oficial da Xunta, fácilmente accesíbel no enderezo www.xunta.es/toponimia

Asimesmo A Mesa disponibilizou un modelo de escrito para que todas as persoas afectadas poidan solicitar a corrección dos topónimos deturpados que figuran no seu documento de identidade.

Pódese descargar o modelo desde esta ligazón 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra