--- Noticias da Mesa

Presentación de O abecedario o 8 de outubro ás 18 h na libraría Bahía de Foz

Esta quinta feira, 8 de outubro, A Mesa e a libraría Bahía de Foz organizan Ven a xogar co abecedario.

A actividade está dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos. As prazas son limitadas e hai que anotarse con antelación na libraría.

Xogaremos, identificaremos obxectos, animais,… coas letras do abecedario, colorearemos, debuxaremos e escoitaremos a canción do abecedario.

Ademais do libro tamén falaremos da lámina, da proposta didáctica e do actividario.

Co libro O abecedario comezamos un proxecto didáctico destinado á educación infantil.

O abecedario, as 23 letras do abecedario galego acompañadas dunha ilustración de Óscar Villán, é para aprender mais tamén para admirar as ilustración, para ver, imaxinar ou inventar.

Este libro ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego, recoñecer as letras e aprender o abecedario galego.

http://www.amesa.gal/o-abecedario/

http://www.amesa.gal/cancion-o-abecedario-de-magin-blanco/

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis