Queres colaborar connosco o Día da Patria Galega?
A Mesa pola Normalización Lingüística contará cun espazo propio no Festigal, na Feira das Asociacións, onde vos agardamos a todas e todos a tarde do 25 de xullo, a partir das 15.00h.Se vas participar nalgún dos actos e queres colaborar botando unha man no posto do Festigal, ponte en contacto connosco no enderezo electrónico amesa@amesa.gal […]
Fondos europeos / A Mesa denuncia que a Xunta emprega fondos europeos para promover o castelán en detrimento do galego
A Mesa denuncia que as axudas que as subvencións para a adquisición de novidades editoriais e para a mellora das coleccións das bibliotecas das entidades locais convocadas este 2022 pola Xunta de Galicia prexudican gravemente a lingua galega, en favor da española. A entidade de defensa da lingua indica que até o 2021 polo menos […]
Presentación libro / Presentacións d’O libro negro da lingua galega, obra do presidente de honra da Mesa, Carlos Callón.
Comezan nestes días os actos de presentación e conversa por volta d’O libro negro da lingua galega, obra do presidente de honra da Mesa, Carlos Callón. No volume explícase a historia de represión e silenciamento do galego desde finais do século XV até finais do XX. A partir desta explicación do pasado pode entenderse mellor […]
Toponimia / A nosa (r)evolución
A Mesa pola Normalización Lingüística únese á petición do deseñador Antón Lezcano para (r)evolucionar o escudo da equipa de fútbol que representa á cidade da Coruña. Son moitas e moitos os deportivistas que desexan que o Deportivo empregue dunha vez por todas a toponimia oficial, que contempla a forma galega como a única válida. Non […]
Presentación libro / Presentación do libro Lingua, poder e adolescencia, 2 de xuño ás 20:30h
O próximo xoves (quinta feira) 2 de xuño, o noso socio Miguel Rodríguez Carnota presentará o seu libro Lingua, poder e adolescencia na Gentalha do Pichel. O acto será ás 20:30 h.
17 DE MAIO / A choiva non impide que miles de persoas berren en Compostela “queremos un novo futuro para o galego”
A choiva non impediu que miles de persoas de toda Galicia viaxaran hoxe ata Compostela para manifestar que a sociedade galega quere “un novo futuro para o galego”. “Despois de 40 anos de oficialidade. aínda hai administracións públicas incapaces de daren a mínima atención en galego” denunciou o voceiro da plataforma cidadá Queremos Galego, promotora da […]
Día das Letras / Tiktokers galegofalantes animan as súas seguidoras e seguidores a participar na manifestación do 17 de maio “por un novo futuro para a lingua”
Unha ducia de tiktokers que crean contido na nosa lingua publicaron hoxe un vídeo conxunto animando ás preto de 100.000 persoas que as e os siguen na rede social TikTok a participar na manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego o 17 de maio ás 12h, na Alameda de Santiago de Compostela, “por un novo futuro para […]
17 DE MAIO / DEFENDAMOS A NOSA LINGUA ESTE 17 DE MAIO
O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza […]
17 DE MAIO / DEFENDAMOS A NOSA LINGUA ESTE 17 DE MAIO Ler máis
Día das Letras / Precisamos da túa axuda!
Este 17 de maio volve a manifestación nacional de Queremos Galego, e todas as mans son poucas. Precisamos voluntarias e voluntarios para axudar no servizo de orde e venda de material Anótate chamando ao 981563885 ou enviando un correo a amesa@amesa.gal Contamos contigo?
Lei do audiovisual / A Mesa advirte que existe a posibilidade de que a lei do audiovisual incorpore só “algunha” das linguas cooficiais e o galego quede fóra
Rematado o prazo para presentar emendas á nova lei do audiovisual, A Mesa pola Normalización advirte que os artigos sobre cotas de emisión, catálogo, financiamento e dobraxe por parte das plataformas de vídeo e das canles de televisión só citan “a lingua oficial do Estado e algunha das linguas oficiais nas comunidades autonómas”. Segundo a […]